miniatura|Näsilinna en outono de 2013. miniatura|O edificio danado na guerra civil. miniatura|Interior de Näsilinna. Näsilinna é un palacio neobarroco situado no parque de Näsinpuisto en Tampere, Finlandia. Foi construído por Wilhelm von Nottbeck, fillo de Peter von Nottbeck. Finalizado en 1898, o seu nome orixinal era Milavida. O edificio foi deseñado polo arquitecto Karl August Wrede. Descoñécese o significado e a historia do nome Milavida.

Traxedia familiar O Milavida, onde vivía a familia Nottbeck, era unha vila de madeira ao lado de Näsikallion. Con todo, non toda a familia chegou vivir no novo Milavida; só os nenos viviron alí un par de anos co servizo. A muller de Peteri, Olga von Nottbeck, morreu cando estaba a dar a luz a xemelos en outubro de 1898 en Baden-Baden, e medio ano despois o propio Peter morreu nunha cirurxía de colon nun hospital de París. Os nenos quedaron baixo a titela de Edvard von Nottbeck, e en 1905 vendeu o palacio á cidade de Tampere..

Näsilinna A cidade mudou o nome do palacio a Näsilinna, e en 1908 abriu o museo de Häme, dirixido por Gabriel Engberg. Engberg tamén viviu en Näsilinna.Gabriel Engberg – Näköala vuorelta. Niinivaara Seppo, Tampereen taideyhdistys 1988 Durante a guerra civil finlandesa a principios do ano 1918, o hospital da Cruz Vermella e a base vermella operaron no edificio, que sufriu graves danos durante a guerra. Durante a batalla de Tampere Näsilinna mudou de mans tres veces entre os días 3 e 4 de abril. O edificio recibiu en torno a 4 000 disparon. Na segunda guerra mundial o palacio acolleu pola forza antiaérea xunto con gardas da liña férrea Tampere-Pori.

O museo de Häme operou no palacio entre 1908 e 1997. A partir de 1998 o edificio permaneceu pechado durante 17 anos en espera dunha renovación.

Näsilinna foi restaurado entre 2013 e 2015. O custo total do proxecto ascendeu a cinco millóns de Euros. As estancias do primeiro andar foron devoltas ao estilo orixinal dos von Nottbeckin e incluíse un restarante, unha cafetería e unha recepción para o museo. No segundo andar mantívose a división da década de 1950 e agora acolle o Museo Milavida.

Museo Milavida

O Museo Milavida é un museo fundado en 2015 en Näsilinna que presenta dúas exhibicións que van cambiando a diferentes ritmos. As coleccións adoitan realizarse con coleccións propias dos museos de Tampere, e presentan a historia de Näsilinna, a familia von Nottbeck e o museo de Häme.

O Milavida orixinal A Milavida orixinal foi construído en 1860 por Wilhelm von Nottbeck e era unha vila de madeira e estaba situada en Näsipuisto ao final da actual rúa Näsijarvi (en finés Näsijärvenkatu). Converteuse en propiedade da cidade de Tampere en 1905, cando foi arrendada a un comerciante que abriu alí un restaurante e unha hospedería en 1906. A vila foi gravemente danada por un incendio en 1913 e foi demolida. O único que queda é unha adega subterránea de 35 metros cadeados e dúas habitacións unha entrada de ladrillo vermello ornamentada. A adega é un dos Adoptoi monumentti Tampere e foi restaurado en 2016. Abriu as súas portas en verán de 2017.

Na cultura popular O filme de Claes Olsson de 2012 Taistelu Näsilinnasta 1918 trata sobre a loita por Näsilinna durante a batalla de Tampere na guerra civil finlandesa de 1918.

Notas

Véxase tamén

Véxase tamén Visita virtual a Näsilinna Sitio web do museo Información sobre Edvard von Nottbeck

Categoría:Edificacións de Tampere Categoría:Palacios de Finlandia