En botánica, en setido xeral, o termo carpóspora aplícase a toda espora que, mediante un complicado proceso formativo, adoita orixinarse en corpos frutíferos de forma determinada, e que desempeña a función de conservar a especie.

Etimoloxía O termo está formado polos elementos carpo- e -spora, ambos os dous derivados das voces do grego antigo καρπός karpós, "froito", e σπoρά sporá, "semente".carpospora en dicciomed. Diccionario médico-biológico, histórico y etimológico.

Este neoloxísmo entrou na linguaxe científica no ano 1881 a través do inglés.

Nas rodófitas No caso concreto das rodófitas, a carpóspora' é unha aplanóspora (espora transportada polo vento) diploide producida polas algas vermellas.carpóspora no DiGalego. orixinada nas células terminais dos filamentos resultantes da xerminación dos carpogonios fecundados.

Despois da fecundación, o carpogonio da alga divídese en carpósporas, que xeralmente son o tipo de esporas de maior tamaño (son máis grandes que as bísporas, que son aínda máis grandes que as tetrásporas). A parede do carpogonio rompe entón, liberando as esporas no ambiente.

Notas

Categoría:Algas vermellas Categoría:Termos botánicos