I Am Sam (estilizado como i am sam) é un filme estadounidense de 2001 coescrito e dirixido por Jessie Nelson, e protagonizado por Sean Penn como un pai cunha discapacidade intelectual, Dakota Fanning como a súa brillante e inquisitiva filla e Michelle Pfeiffer como a súa avogada. Dianne Wiest, Loretta Devine, Richard Schiff e Laura Dern aparecen nos papeis secundarios.

O filme recibiu valoracións negativas por parte da crítica. Recadou máis de 97 millóns de dólares sobre un orzamento de 22 millóns. Pola súa intepretación como Sam, Penn foi nomeado ó Óscar ó mellor actor na 74ª edición dos premios, en 2002. O filme lanzou a carreira como actriz infantil de Dakota Fanning, que daquela tiña sete anos e só tivera dous pequenos papeis antes de I Am Sam. Converteuse na actriz máis nova en ser nomeada ó Premio do Sindicato de Actores.

Personaxes Sean Penn como Samuel John "Sam" Dawson Michelle Pfeiffer como Rita Harrison Williams Dakota Fanning como Lucy Diamond Dawson Dianne Wiest como Annie Cassell Loretta Devine como Margaret Calgrove Richard Schiff como Mr. Turner Laura Dern como Miranda "Randy" Carpenter Marin Hinkle como Patricia Stanley DeSantis como Robert Brad Silverman como Brad Doug Hutchison como Ifty Rosalind Chao como Lily

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2001 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Jessie Nelson Categoría:Filmes de New Line Cinema Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes ambientados nos Ánxeles