Gloria Blanco Diéguez, nada en Freixido (Petín) e finada en Francia, foi unha guerrilleira antifranquista galega.

Traxectoria Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sufriu persecución por axudar e dar acubillo aos guerrilleiros antifranquistas. O seu home Eubaldo Blanco foi tamén obxecto de persecución e maltrato por antifascista e finalmente asasinado. Gloria foi detida e estivo no cárcere de Quiroga e no de Ourense. Cando foi liberada, foi novamente perseguida e denunciada. Marchou a Madrid e despois a Burgos. Volveu á Rúa e novamente acosada, decidiu marchar ao exilio. Coa filla Gloria e outro fillo marcharon a Barcelona, onde se atoparon con Odilo Fernández Rodríguez "Blas", mozo da filla, e Roberto López Rodríguez cos que atravesaron os Pireneos nunha viaxe de cinco días e chegaron a Francia o 20 de abril de 1952. Dirixíronse á Béziers (Hérault), onde estiveron na casa doutros exiliados, Bienvenido Piñeiro, de Murcia, e a súa muller Dolores Fernández Campos, de Freixido (Petín.). En Francia casou con Roberto López.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Petín Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Francia Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido