Alex Dujshebaev Dovichebaeva, nado en Santander, Cantabria, o 17 de decembro de 1992, é un balonmanista internacional español. É fillo do retirado xogador internacional e adestrador hispano-kirguiz Talant Dujshebaev e irmán do tamén internacional Daniel Dujshebaev. Forma parte do Vive Tauron Kielce polaco.
Traxectoria Alex Dujshebaev debutou en 2010 no equipo que adestraba o seu pai, o BM. Cidade Real, que despois sería o BM. Atlético de Madrid, xa desaparecido. Na tempada 2010-2011 foi cedido ao Naturhouse A Rioxa. Na tempada 2012-2013 xogou na Caixa3 Balonmán Aragón, desde onde pasou ao BM. Atlético de Madrid. Na tempada 2013-2014 ficha polo RK Vardar macedonio, onde permanece ata a tempada 2017-2018, momento no que pasa ás filas do Kielce polaco.
Alex foi parte da selección xuvenil coñecida como os hispanos de ouro campións de Europa e do Mundo nos campionatos xuvenís coa Selección de balonmán de España.
Dende o Campionato Mundial de Balonmán Masculino de 2013, ao que non puido acudir por lesión, foi habitualmente convocado pola Selección de balonmán de España absoluta para todas as grandes citas internacionais.
Alex é coñecido pola versatilidade do seu disparo e a súa calidade no 1 contra 1; é un gran fintador e lanzador.
Entre outros galardóns, na tempada 2018/2019 alcanzou o de máximo goleador da liga de Campións da EHF.
Equipos Marianistas Ciudad Real BM. Ciudad Real (2010) Naturhouse La Rioja (2010-2011) Caja3 Balonmano Aragón (2012-2013) BM. Atlético de Madrid (2013) RK Vardar (2013-2017) Vive Tauron Kielce (2017-act.)
Palmarés
Vardar
Liga de Macedonia de balonmán (3): 2015, 2016, 2017 Copa de Macedonia de balonmán (4): 2014, 2015, 2016, 2017 Liga SEHA (2): 2014, 2017 Liga de Campións da EHF (1): 2017
Kielce
Liga de Polonia de balonmán (3): 2018, 2019, 2020 Copa de Polonia de balonmán (2): 2018, 2019
Selección Española
Medalla de prata no Campionato Europeo de Balonmán Masculino de 201618x18px Medalla de ouro no Campionato Europeo de Balonmán Masculino de 201818x18px Medalla de ouro no Campionato Europeo de Balonmán Masculino de 202018x18px Medalla de bronce no Campionato Mundial de Balonmán Masculino de 202118x18px
Consideracións individuais
Mellor Lateral Dereito da liga ASOBAL (1): 2013
Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Santander Categoría:Deportistas de Cantabria Categoría:Xogadores de balonmán olímpicos de España Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por España Categoría:Medallistas olímpicos en balonmán Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Xogadores de balonmán nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Xogadores de balonmán nos Xogos Olímpicos de 2024