Perfecto da Vila Ubeira ou Perfecto Dávila Ubeira, finado en Vigo en 1934, foi un mestre e político galego.

Traxectoria Mestre interino no Rosal, foi recoñecido como propietario en 1915.El Noticiero Gallego, 4-6-1915, p. 2. Foi mestre de Bembribe (Lavadores) en 1916,El Noticiero Gallego, 18-10-1916, p. 2. de Cadrelo (Marín) en 1918,El Noticiero Gallego, 4-5-1919, p. 3. e mestre propietario de Matalobos (A Estrada) en outubro de 1919.El Diario de Pontevedra, 31-10-1919, p. 2. Solicitou a excedencia a finais de 1919.El Noticiero Gallego, 4-1-1920, p. 3. Practicante en Pontevedra, foi nomeado secretario da Asociación de practicantes da provincia de Pontevedra en abril de 1919,El Diario de Pontevedra, 14-4-1919, p. 3. e en outubro dese ano foi comisionado para unha viaxe de propaganda polo país para constituír a a Federación Regional Galega de Practicantes.El Progreso, 3-10-1919, p. 1. En 1922 reintegrouse ao maxisterio e foi nomeado mestre de Saxamonde (Redondela).El Correo de Galicia, 26-3-1922, p. 9. Foi un dos fundadores do PCE e o primeiro secretario da Federación Comunista de Galicia en 1923. Volveu solicitar a excedencia do maxisterio en 1927.El Pueblo Gallego, 11-11-1927, p. 10. Ao ano seguinte foi elixido secretario do Colexio de Practicantes de Vigo.El Pueblo Gallego, 12-2-1928, p. 7. Formou parte da candidatura comunista ás eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 pola provincia da Coruña encabezada por José Silva Martínez.El Pueblo Gallego, 26-6-1931, p. 4Boletín Oficial da Provincia da Coruña, 13-7-1931, p. 7. O 23 de agosto de 1931 foi elixido presidente do raio comunista de Vigo,El Pueblo Gallego, 25-8-1931, p. 5 continuando no posto até a súa morte a principios de 1934."Desde Vigo. Ha muertro un gran luchador", La Lucha, 13, 23-1-1934.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Políticos do PCE

Categoría:Finados en 1934