A Universidade de Pisa (en italiano Università di Pisa) é unha das universidades máis prestixiosas de Italia. A súa sede encóntrase en Pisa, Toscana.

A universidade forma parte do sistema universitario de Pisa, xunto coa Escola Normal Superior e o Colexio Santa Ana de estudos superiores.

A Universidade de Pisa é a única institución educativa italiana que pertence á prestixiosa organización Universities Research Association (URA), que reúne a 89 universidades punteiras de varios países do mundo, entre cuxos sus membros encóntrans as Universidades Stanford e Harvard, o Instituto Tecnolóxico de California ou o University College London.

Fundación A Universidade foi fundada en 1343 polo papa Clemente VI,Clemente VI recoñece o Studium Generale de Pisa en 1343. aínda que xa existían estudos de Dereito desde o Século XI. Posúe o xardín botánico académico máis antigo de Europa, fundado en 1544.

Titulacións A Universidade de Pisa actualmente ofrece 260 titulacións de moi diversas disciplinas, que se agrupan en 20 departamentos, entre os que destacan os de Astrofísica, Enxeñaría, Medicina e Ciencias da computación, cuxo departamento, creado na década de 1960, está considerado o mellor de Italia nesta materia.Universidad de Pisa .

Alumnos notábeis Pola Universidade de Pisa pasaron importantes personalidades da historia italiana e mundial, entre eles os premios Nobel Enrico Fermi, Giosuè Carducci e Carlo Rubbia, o astrónomo Galileo Galilei, o matemático Bonaventura Cavalieri, o naturalista Francesco Redi, os papas Clemente XII, León X e Paulo III, o político Carlo Azeglio Ciampi, o escritor Andrea Camilleri e o cineasta Mario Monicelli.

Galería

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web oficial da Universidade de Pisa. Clemente VI recoñece o Studium Generale de Pisa en 1343.

Universidade de Pisa