Na mitoloxía grega, Dictis foi o fillo de Magnes, rei de Sérifos (illa do mar Exeo), e unha náiade Pseudo-Apolodoro non nomea á nai.. Compartía o reino co seu irmán Polidectes pero foi destronado por el.
Dánae Un oráculo anunciara a Acrisio, rei de Argos, que morrería a mans do seu propio neto. Para evitalo, encerrou a súa filla Dánae nunha torre de bronce (ou nunha cámara subterránea dese material) para impedir que tivese trato con ningún varón, pero non puido evitar que o rei dos deuses, Zeus, se transformara nunha fina choiva de ouro que caeu sobre Dánae e a deixara embarazada de Perseo Pseudo-Apolodoro di que "segundo din algúns, a esta [a Dánae] foi Preto quen a seduciu e de aí xurdiu a querela entre ambos" (II, 4, 1). Preto era irmán de Acrisio..
Cando Acrisio se decatou, non creu na orixe divina do neno, e botou ó mar á filla co meniño, dentro dun cofre de madeira. O mar foi acougado por Poseidón ante a petición de Zeus, polo que nai e fillo sobreviviron e alcanzaron a costa da illa de Sérifos. Na illa gobernaba o rei Polidectes pero foi o seu irmán Dictis quen os recolleu e protexeu; algunhas tradicións describen a Dictis como un simple pescador.
Pero Polidectes terminou namorándose de Dánae e, para librarse da presenza de Perseo e poder así seducir á nai, mandouno buscar a Medusa e traer a súa cabeza. Perseo cumpriu a orde con éxito pero cando regresaba a Sérifos comprobou que Polidectes acosara á nai e que Dictis e mais ela tiveran que protexerse nun templo. Entón, Perseo foi onda Polidectes e, sacando a cabeza de Medusa que traía nunha bolsa, mostrouna a tódolos presentes, que quedaron petrificados Unha propiedade da mirada de Medusa era converter en pedra aquel a quen mirara.. A seguir, restableceu no trono a Dictis.
A versión que nos dá Hixino difire da transmitida por outros mitógrafos:
Pero máis adiante, Hixino narra como Perseo mata a Polidectes:
Os atenienses consagraron a este rei e á súa dona Climena un altar no templo de Perseo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Homes na mitoloxía grega