Beach Rats é un filme estadounidense de 2017 dirixido por Eliza Hittman. Protagonizado por Harris Dickinson, Madeline Weinstein e Kate Hodge, foi estreado no Festival de Cinema de Sundance de 2017 na sección de filmes dramáticos, e posteriormente nas salas de cinema o 25 de agosto do mesmo ano.
Argumento Frankie (Harris Dickinson) é un mozo de Brooklyn que vive co seu pai enfermo, a súa nai e a súa irmá máis nova. Para escapar da súa vida familiar, pasa o tempo coa súa nova moza (Madeline Weinstein), cos seus amigos e falando con homes maiores en Internet, cos que se cita para ter sexo e consumir drogas. Porén, non se identifica como bisexual ou gay diante da súa moza e os seus amigos. É por iso que só ten sexo con homes maiores, para evitar persoas que poidan coñecer os seus amigos. Co tempo, iráselle facendo máis difícil.
Elenco Harris Dickinson como Frankie Madeline Weinstein como Simone Kate Hodge como Donna Neal Huff como Joe Nicole Flyus como Carla Frank Hakaj como Nick David Ivanov como Alexei Anton Selyaninov como Jesse Harrison Sheehan como Jeremy Douglas Everett Davis como Harry Erik Potempa como Michael
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes dirixidos por Eliza Hittman Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes independentes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados en Nova York