Amina Bouayach, nada en Tetuán o 10 de decembro de 1957, é unha activista dos dereitos humanos marroquí. Dende decembro de 2018, Bouayach traballou como a presidenta do Consello Nacional de Dereitos Humanos de Marrocos.King Mohammed VI appoints Amina Bouayach chairwoman of CNDH, Yabiladi.com, consultado o 23 de marzo de 2019.

Deuse a coñecer por primeira vez ós medios cando, en 2006, se converteu na primeira muller elixida como presidenta dunha importante ONG en Marrocos.Biography, FIDH.org, consultado o 17 de marzo de 2016

Como presidenta da Organización Marroquí de Dereitos Humanos, Bouayach traballou en importantes cuestións de Dereitos Humanos no seu país natal como a tortura, os refuxiados e os dereitos dos migrantes, os dereitos da muller, os dereitos individuais e a abolición da pena de morte.

Foi elixida vicepresidenta e despois secretaria xeral da Federación Internacional de Dereitos Humanos en 2010 e 2013 respectivamente.Morocco's Amina Bouayach awarded Legion of Honour, Morocco World News, consultado o 17 de marzo de 2016 Posteriormente, en 2016, Bouayach traballou como o embaixadora de Marrocos en Suecia e Letonia.National Human Rights Council Biography, CNDH.org, consultado o 21 de marzo de 2019

En 2015, foi galardoada coa Lexión de honor francesa en Rabat pola súa integridade e constante compromiso cos Dereitos Humanos.

Durante a Primavera árabe Amina defendeu a supresión da pena de morte cando estivo en Tunisia e Libia.Amina Bouayach on Business and Human Rights in Morocco

Traxectoria Bouayach naceu en Tetuán o 10 de decembro de 1957 nunha familia rifeña ben coñecida, expulsada do Rif pola ocupación. O seu pai, Hammadi Bouayach, era avogado, activista político, pensador e profesor de Dereito na Universidade de Rabat, da que se coverteu en decano. Foi un dos poucos seleccionados para formar parte dunha misión para estudar no estranxeiro no Cairo e París por Mekki Nassiri. O seu avó foi considerado a man dereita de Abdelkrim el-Khattabi e o xeneral máis leal durante a Guerra do Rif.

Ten un máster en economía da Universidade Mohammed V de Rabat.

Bouayach comezou a súa carreira cos Dereitos Humanos a unha idade nova, traballando coas familias dos prisioneiros políticos durante os Anos de Plomo en Marrocos. Pasou dous anos traballando coa socióloga Fatema Mernissi sobre os dereitos das mulleres, especialmente mulleres musulmás; e publicou numerosos artigos sobre o tema en árabe, francés, inglés e castelán.

Profesionalmente, ocupou moitos cargos políticos, sobre todo como membro de gabinete do exprimeiro ministro Abderrahmane Youssoufi de 1998 a 2002, e como membro da Comisión Consultiva sobre a Reforma Constitucional nomeada polo Rei Mohammed VI, en medio da Primavera árabe. Polas súas importantes achegas á Constitución de Marrocos, foille outorgada a Orde do Trono polo Rei Mohammed VI.

Traballou estreitamente coas Nacións Unidas, a Unión africana e o Foro Euro-mediterráneo sobre os dereitos dos defensores e a liberdade de asociación.

Foi unha das primeiras figuras de dereitos humanos en visitar Tunisia após a abdicación do expresidente tunesino Zine El Abidine Ben Ali, e Libia após a desaparición do expresidente libio Muammar Gaddafi. Foi e segue sendo moi activa no grupo rexional para a reforma da Liga dos Estados árabe.

Amina Bouayach foi membro da Organización árabe de Dereitos Humanos e do grupo de expertos en estudos estratéxicos da rexión da Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos.Amina Bouayach on Business and Human Rights in Morocco

En 2014, ocupou o cargo de coordinadora principal de ONG africanas durante o Cume africano en Adís Abeba.

O 13 de outubro de 2016 converteuse na Embaixadora de Marrocos en Suecia e Letonia.

O 6 de decembro de 2018, Amina Bouayach foi nomeada polo rei Mohammed VI de Marrocos como presidenta do Consello Nacional de Dereitos Humanos de Marrocos.Qui est Amina Bouayach, nouvelle présidente du CNDH ?

Para o Día Internacional da Muller do ano 2019, lanzou unha exitosa campaña nacional para a abolición do matrimonio de menores en Marrocos.Mariage des mineurs: Amina Bouayach plaide pour l’abolition de "l’exception"

Recoñecementos

Amina Bouayach foi a primeira muller elixida para presidir unha ONG de dereitos humanos en Marrocos. Tamén foi elixida vicepresidenta e logo secretaria xeral da Federación Internacional de Dereitos Humanos en 2010 e 2013.Human Rights Activist Amina Bouayach at the Helm of CNDH, Chaouki Benayoub, Interministerial Delegate for Human Rights En 2011, e despois en 2013, o rei Mohammed VI outorgoulle a distinción de Comendador da Orde do Trono e despois de Oficial da Orde do Trono. En 2014, Amina Bouayach recibiu a insignia do Cabaleiro da Orde Nacional da Lexión de Honra da República francesa en recoñecemento ó seu labor en prol da protección e promoción dos dereitos humanos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Amina Bouayach , OpenDemocracy.net Uniting activists’ forces is Amina Bouayach’s obsession Human Rights Activist Amina Bouayach at the Helm of CNDH, Chaouki Benayoub, Interministerial Delegate for Human Rights King Mohammed VI appoints Amina Bouayach chairwoman of CNDH HM KING MOHAMMED VI APPOINTS MS AMINA BOUAYACH NEW PRESIDENT OF THE NATIONAL HUMAN RIGHTS COUNCIL King Of Sweden Receives Amina Bouayach At End Of Her Mission As Moroccan Ambasador In Stockholm

Categoría:Nados en 1957 Categoría:Activistas de Marrocos Categoría:Nados en Tetuán