Unha charanga, murga ou fanfarra, é unha agrupación musical formada por instrumentos de percusión, vento-metal e vento-madeira que adoita realizar actuacións ao aire libre. Características As charangas xurdiron en Galiza a comezos do século XX influenciadas pola aparición das bandas de música. As bandas substituíron nas preferencias do público á tradicional figura do gaiteiro acompañado de tambor, o seu éxito introduciu na música popular galega novos instrumentos como: o bombo, o clarinete, o requinto ou o saxofón. A mestizaxe entre as novas tendencias musicais e as xa presentes orixinou a creación de novedosas agrupacións de músicos. Naceron así, entre outros, o moi popular cuarteto de gaita, clarinete, caixa e bombo, e a charanga, onde os gaiteiros tocaban xunto a saxofonistas e clarinetistas.

A composición da charanga varía en función dos músicos. Normalmente están constituídas por bombo e caixa como instrumentos de percusión e diferentes instrumentos de vento: saxofón, trompeta, trombón, clarinete, gaita,etc. O número de músicos e menor que nas bandas, o que lles concede unha maior versatilidade e uns requirimentos económicos máis reducidos. Por estes motivos as charangas acostuman ser contratadas polas comisións de festas para a animación de todo tipo de seráns, marchas, festas patronais ou procesións relixiosas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Charanga de Xacarandaina - Asociación Cultural Xacarandaina (2016) - Youtube. Charanga os Breas - TVG (Alalá nº 156 - 2010) Charanga Manca na cheda - TVG (Alalá nº 127 - 2009)

Categoría:Tipos de agrupación musical Categoría:Música tradicional galega Categoría:Música de Galicia