Marsilea minuta é unha especie de pteridófita da clase das polipodiópsidas, orde das salviniais, e familia das marsileáceas, unha das integradas no xénero Marsilea.Marsilea L. no GBIF. Consultado o 26 de febreiro de 2021.

Cómpre non confundila con Marsilea minuta E.Fourn. 1880, que é un sinónimo de Marsilea vestita.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1771 por Linneo na páxina 308 do volume II da súa obra Mantissa Plantarum, unha adición a Species Plantarum. Marsilea minuta L., 1771 no GBIF. Consultado o o 26 de febreiro de 2021.

Subespecies Recoñécense unha subespecie: Marsilea minuta subsp. brachycarpa (A.Braun) Bhardwaja

Variedades Ademais, tamén se recoñenen as variedades seguintes: Marsilea minuta var. indica K.M.Gupta Marsilea minuta var. major Haines Marsilea minuta var. minuta L.

Características Marsilea minuta ten unha aparencia moi variábel, polo que a miúdo leva á confusión con especies moi relacionadas. Na auga a planta está estendéndose, arrastrándose, mentres que en terra pode aparecer como unha almofada. Normalmente é perenne pero ás veces é anual. É un tenagófito, é dicir, o xuvenil crece mergullado e o adulto é tipicamente terrestre.

O seu rizoma é de cor marrón claro a verde, e ten un grosor de 0,4 a 0,8 mm, con pelos curtos de cor marrón nos extremos e raíces internodais. As follas terrestres están erectas, con pecíolos de 5 a 13 cm de lonxitude. Os folíolos miden de 0,8 a 1,7 cm por de 1,2a 2 cm, e son principalmente glabros, cuneados ou flabelados. As follas da auga normalmente non flotan, senón que emerxen. As follas fértiles están en terra, con até catro esporocarpos cada unha con pedúnculos situados preto da base do pecíolo. Os esporocarpos son pequenos, de 2,6 a 4,1 mm de longo, de 2,4 a 3,1 milímetros de largo e de 1,3 a 1,7 mm de grosor.

Hábitat e ecoloxía Marsilea minuta pode encotrarse desde o nivel do mar até os 1 950 m de altitude,Beentje, H. J. (2017): Marsilea minuta na Lista vermella da UICN. Consultada o 9 de marzo de 2021. en lagoas e outras augas pouco profundas.Lin, Y. X. & Johnson, D. M. (6 de xuño de 2013). En Wu, Z. Y.; Raven, P. H. & Hong, D. Y., eds. "Marsileaceae". Flora of China. 2–3: 123–124. Consultado o 9 de marzo de 2021. Pode crecer en auga doce ou salobre e en terras arxilosas ou areosas. A planta pode formar grandes colonias e pode presentar aparencia herbácea. Algúns dos seus hábitats preferidos estanse a perder por mor da agricultura, pero a debido a que medra facilmente nos campos de arroz, cunetas de drenaxe e outras áreas marxinais, a súa poboación global é estábel. Ten o potencial de ser unha especie invasora, polo que a súa dispersión a través do comercio de acuarios e outros medios humanos debe ser limitada."Marsilea minuta (pepperwort)". Invasive Species Compendium. Wallingford, UK: CAB International. 15 de maio de 2008. Consultado o 9 de marzo de 2021.

Filoxenia Crese que M. minuta está moi relacionada con Marsilea quadrifolia. Análises de filoxenia molecular do xénero Marsilea sitúan a ambas as especies nun subgrupo estendido polo Vello Mundo, tamén chamado "Marsilea", xunto con M. angustifolia, M. drummondii, M. crenata e M. fadeniana, e indican que M. crenata é realmente un sinónimo de M. minuta.Nagalingum, Nathalie S.; Schneider, Harald & Pryer, Kathleen M. (2007): "Molecular Phylogenetic Relationships and Morphological Evolution in the Heterosporous Fern Genus Marsilea". Systematic Botany. 32 (1): 16–25.

Cladograma

Usos Este fento cómese na India, Sri Lanka, e en Bangladesh.Sarker, Sujan Kumer & Hossain, A. B. M. Enayet (2009): "Pteridophytes of Greater Mymensingh District of Bangladesh used as Vegetables and Medicines". Bangladesh Journal of Plant Taxonomy 16 (1): 54. Na China úsase como forraxe. Ten un contido de proteínas do 3,3 %.

A planta úsase na medicina tradicional chinesa para tratar o edema, as lesións da pel, as mordeduras de serpes e as inflamacións. No distrito de Mymensingh (Bangladesh) úsase na medicina tradicional para tratar a tose, a dor de cabeza, a hipertensión arterial, os trastornos do sono e as enfermidades respiratorias. Combínase con Nardostachys jatamansi (planta da familia das caprifoliáceas) e, despois do desenvolvemento feito pola botánica e farmacéutica india Asima Chatterjee, vendeuse como tratamento ayurvédico para a epilepsia, medicamento chamado "Ayush-56".Krishnamoorthy, Ennapadam S.; Shorvon, Simon; Schachter, Steven & Misra, Vivek, eds. (2017): "34 Ayurveda and Yoga in the Management of Epilepsy". Epilepsy: A Global Approach. Cambridge University Press. p. 160. ISBN 978-1-1082-3215-9. Porén, o Ayush-56 non mostra bos resultados no tratamento da enfermidade.Tripathi, M.; Maheshwari, M. C.; Jain, S. & Padma, M. V. (2000): "Ayurvedic Medicine and Epilepsy". Neurology Journal of Southeast Asia 5: 1–4. Tamén se usa como fitorremediador do arsénico cando medra con plantas de arroz.

Galería

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Marsilea minuta en íNaturalist. Dwarf Water Clover. Marsilea minuta L. na EOL.

Categoría:Salviniales Categoría:Taxons descritos por Linné