Guadalupe Campanur Tapia, nada en Cherán en 1986 e finada en Chilchota o 16 de xaneiro de 2018, foi unha activista dos dereitos medioambientais indíxena mexicana. En 2018, foi lembrada pola ONU Mulleres.

Traxectoria En 2011, Guadalupe axudou a destituír o goberno local e participou activamente na seguridade local patrullando os seus bosques municipais. Ela estivo entre os líderes indíxenas de Cherán, que concienciaron á xente para protexer os seus bosques contra a corta ilegal. O seu traballo para os vellos, nenos, e traballadores converteuna nunha figura importante na súa comunidade.

Foi asasinada en Chilchota, Michocán, México o 16 de xaneiro de 2018. Foi atopada esganada ata a morte, e os sospeitosos aínda non están identificados.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Guadalupe Campanur Tapia activista y defensora de los bosques en Michoacán, heroinas.net, 20 de xaneiro de 2019

Categoría:Activistas de México Categoría:Nados en 1986 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Nados no estado de Michoacán Categoría:Personalidades sen imaxes