Antonio Gregorio Montes, tamén coñecido co nome de usuario de Agremon, nado en Vilalba o 27 de abril de 1957, é un profesor, divulgador e wikipedista galego.
Traxectoria Licenciado en Ciencias Físicas en 1979 pola Universidade de Valladolid, aprobou as oposicións de profesor en 1980 e comezou a dar clase nun instituto de Valladolid. Pouco despois, en 1982, trasladouse a Ribadeo, onde botou o resto da súa carreira profesional dando clase no IES Porta da Auga, até a súa xubilación. Durante eses anos, tivo épocas en que foi director do centro. miniatura|Charla de Antonio Gregorio Montes, O lema da Galipedia es ti, co gallo do décimo aniversario da Galipedia, Santiago de Compostela, 2013. Impulsor de iniciativas pedagóxicas e didácticas, foi membro da directiva dun club de xadrez de Ribadeo, presidente da asociación Amigos da Música de Ribadeo e tamén directivo da asociación cultural Xerfa. Ademais, é clarinetista.
O 8 de marzo de 2003, Antonio Gregorio converteuse no primeiro administrador da Galipedia, o proxecto da Wikipedia en galego. Foi Gregorio tamén quen empregou por primeira vez o termo "galipedia" para referirse ao proxecto en galego. Desde entón, ten ocupado distintos postos na administración da Galipedia, e desenvolvido obradoiros e conferencias sobre Wikipedia.
Obra A temperie ribadense no 2020 (e un complemento), 2021. Esta obra é un anuario meteorolóxico que leva editando o autor desde 2012.
Notas
Categoría:Nados en Vilalba Categoría:Nados en 1957 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Wikimedistas Categoría:Alumnos da Universidade de Valladolid Categoría:Historia da Galipedia