Shenzhou 1 foi a primeira misión non tripulada dunha cápsula Shenzhou. Foi lanzada o 19 de novembro de 1999 mediante un foguete CZ-2F desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan.
Características Shenzhou 1 foi o primeiro voo dunha cápsula Shenzhou. A cápsula non ía tripulada e foi un voo de probas para comprobar o deseño e as características de voo da cápsula e do foguete lanzador. A cápsula de retorno da nave reentrou na atmosfera despois dun voo de 21 horas e 11 minutos, aterrando sen problemas.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos CZ-2F Shenzhou 2 Shenzhou 3 Shenzhou 4 Shenzhou 5 Shenzhou 6 Shenzhou 7 Shenzhou 8 Shenzhou 9 Shenzhou 10 Shenzhou 11 Shenzhou 12 Shenzhou 13 Shenzhou 14 Shenzhou 15 Shenzhou 16
Categoría:Programa Shenzhou