O Campo da Graça, oficialmente Estadio Arthur Morais, foi un estadio de fútbol inaugurado en 1920 en Salvador, no estado brasileiro de Baía.

Historia Foi durante anos o maior estadio de Baía, con capacidade para máis de 7000 espectadores, e nel xogaban varios dos meirandes clubs de Salvador como o Galícia, o Bahia, o Vitória, o Ypiranga ou o Guarany entre outros. Foi tamén no Campo da Graça onde tivo lugar o primeiro Ba-Vi, o derbi entre o Bahia e o Vitória, en 1932, con vitoria do Bahia por 3-0. Dous anos despois acolleu un encontro entre o Galícia e a selección brasileira que rematou 10-4 a favor da canarinha.

O Bahia xogou no Campo da Graça ata 1951, cando se inaugurou a Fonte Nova. O Campo da Graça foi perdendo protagonismo fronte a outros estadios, ata que finalmente o Vitória e o Galicia deixaron de disputar alí os seus partidos e construíron os seus propios estadios.

Notas

Graça Categoría:Galícia Esporte Clube