Randa George Yacoub Siniora, nada c. 1961, é unha activista palestina dos dereitos humanos e dos dereitos das mulleres. Documentou violacións dos dereitos humanos nos territorios palestinos ocupados durante tres décadas e actualmente é directora xeral do Women’s Center for Legal Aid and Counseling (WCLAC, en galego Centro de Mulleres para a Axuda Legal e o Asesoramento) en Xerusalén.
Traxectoria Randa Siniora estudou na Universidade de Essex no Reino Unido, obtendo un LLM en Dereito Internacional dos Dereitos Humanos, e na Universidade americana no Cairo, obtendo un doutoramento en Socioloxía-Antropoloxía. A súa tese de doutoramento, un estudo das mulleres traballadoras téxtiles na Cisxordania que producen bens para empresas israelís, foi publicado máis tarde pola Universidade Americana. Na súa tese Siniora aplicou a teoría da dependencia de Arghiri Emmanuel e Samir Amin á situación palestina. Para explicar os niveis relativamente baixos de organización política e laboral entre mulleres, resaltou as continuidades sociais das estruturas patriarcais que controlaban ás mulleres no fogar e no traballo:
De 1987 a 1997 Siniora foi Investigadora Xurídica e Coordinadora do Programa de Dereitos da Muller na organización dos dereitos humanos Al-Haq. Os seus esforzos por conseguir un consenso sobre a necesidade de cambios legais para protexer as mulleres foron interrompidas pola Primeira Intifada:
De 1997 a 2001 Siniora foi Xefa de Redes e Avogacía no Centro de Mulleres para a Asistencia Xurídica e o Asesoramento. De 2001 a 2005 foi Directora Xeral de Al-Haq.
Desde setembro de 2007 até xuño de 2015, Siniora foi Directora Executiva Sénior da Comisión Independente de Dereitos Humanos (ICHR) en Palestina. En 2015 converteuse en Directora Xeral do Centro de Mulleres para a Asistencia Xurídica e o Asesoramento.
En outubro de 2018 Siniora converteuse na primeira activista palestina en dirixise ó Consello de Seguridade das Nacións Unidas. Siniora expuxo a cuestión da alta taxa de violencia doméstica, e a crecente taxa de femicidios nos territorios ocupados. Tamén expuxo o problema máis amplo da exclusión política das mulleres:Rebecca Ratcliffe, Women in Palestine face violence and political exclusion, campaigner tells UN, The Guardian, 26 de outubro de 2018. Consultado o 11 de marzo de 2020.
Traballos
Palestinian Labor in a Dependent Economy: Women Workers in the West Bank Clothing Industry. Cairo Papers in Social Science, Vol. 12, Monograph 3. Cairo: American University in Cairo Press. 'Lobbying for a Palestinian Family Law: The Experience of the Palestinian Model Parliament: Women and Legislation'. Documento para a Conferencia sobre Dereito Familiar Islámico no Oriente Medio e Norte de África, Amán, 2000.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Randa Siniora, General Director of Al Haq. Vídeo dunha charla na Universidade Duke.
Categoría:Alumnos da Universidade Americana do Cairo Categoría:Nados en 1961 Categoría:Activistas polos dereitos humanos Categoría:Personalidades de Palestina Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Feministas da igualdade