María Josefa Acevedo de Gómez, nada en Bogotá o 23 de xaneiro de 1803 e finada en Pasca o 19 de xaneiro de 1861, foi unha escritora colombiana que destacou en literatura costumista; as súas obras teñen unha forte inclinación cara a un sentido moral.
Josefa Acevedo de Gómez foi a primeira escritora civil da historia de Colombia; por iso, a temática da súa obra, en contraste co misticismo da escritora relixiosa Francisca Josefa del Castillo e doutras relixiosas, fai referencia ó amor filial, ó amor romántico, á moral social, a historia e os costumes.
Obras Tratado sobre economía doméstica para el uso de las madres de familia y las amas de casa (1848) Biografía del Doctor Diego Fernando Gómez (1854) Poesías de una granadina (1854) José Acevedo y Gómez (1860) Cuadros de la vida privada de algunos granadinos, copiados al natural para instrucción y divertimento de los curiosos (1861)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ana María Vega - Biografía
Categoría:Nados en 1803 Categoría:Nados en Bogotá Categoría:Finados en 1861 Categoría:Escritores de Colombia