Na mitoloxía grega, Ifimedia (ou Ifimedea ou Ifimede) foi a filla de Tríope (ou Tríopas), rei de Tesalia, e de Hiscila. Casou con Aloeo, pero foi seducida por Poseidón Para Pseudo-Apolodoro, Aloeo e Tríope foron fillos de Poseidón, con Cánace (I, 7, 4)., con quen tivo dous fillos, dous xemelgos xigantes: Oto e Efialtes, os Alóadas Outras fontes din que eran fillos de Xea, como os outros Xigantes, e que Ifimedia só foi a súa ama de cría.. Ifimedia tivo tamén unha filla, Páncratis (ou Pancrátide).
Ifimedia namorouse de Poseidón e para achegarse a el acudía á beira do mar para botarse auga do mar no colo, ata que conseguiu quedar embarazada. Tamén se di que foi Poseidón quen, mesturándose coas augas do río Enipeo, embarazouna.
Oto e Efialtes, chamados os Alóadas polo nome do home de Ifimedia, Aloeo, crecían de forma extraordinaria e, só con nove anos, intentaron asaltar o Olimpo colocando o monte Pelión sobre o monte Osa para chegar ata o ceo. Foron mortos por Apolo (segundo Hixino) ou ben acabaron matándose un ó outro ó ser enganados por Artemisa (segundo Pseudo-Apolodoro).
Tamén se di que intentaron violar a Artemisa sen que esta puidese defenderse ante a súa fortaleza. Entón Apolo puxo unha cerva entre ambos. Por atacar a Artemisa, foron castigados a permanecer atados eternamente cunhas serpes a unha columna, sobre a que está pousada unha curuxa Hixino: Fábulas 28..
Noutra tradición, racionalizada, Ifimedia e Páncratis estaban celebrando as festas do deus Dioniso e foron raptadas por dous piratas de Naxos que as levaron ata a illa. Os piratas rifaron por elas e, no enfrontamento, matáronse un ó outro. Entón, o rei de Naxos, Agasámeno, quedou con Páncratis e cedeu Ifimedia a un dos seus favoritos. Pero Aloeo, cando o soubo, mandou ós seus fillos Oto e Efialtes a rescatar a Ifimedia e á filla. Os xigantes atacaron a illa, expulsaron a Agasámeno, destruíron a cidade e reinaron sobre o país. Pero finalmente loitaron entre eles e matáronse.
Homero describe na súa Odisea o descenso de Odiseo ós Infernos para preguntar ó adiviño Tiresias como regresar á súa patria, tal como lle aconsellara a bruxa Circe. No inferno pode albiscar as ánimas de diferentes personaxes míticos, e entre elas a de Ifimedia:
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Mulleres na mitoloxía grega