Reinaldo Sarria Delgado, nado en Rubiá o 24 de xullo de 1906 e finado en Valdoviño en 1936, foi un mestre e político galego.

Traxectoria Aprobou as oposicións de Maxisterio en 1928. Foi mestre de Vilardesilva (Rubiá) en 1931,El Eco de Santiago, 6-5-1931, p. 1. e en 1934 trasladouse á escola de Aviño (Valdoviño).BOE, 11-9-1934, p. 220. Militante do Partido Galeguista e afiliado a FETE-UGT. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro de Valdoviño e elixido tenente alcalde. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Torturado, morreu despois dunha malleira. Destituído e cesado en setembro de 1936,La Voz de Galicia, 5-9-1936, p. 5. foi sancionado coa separación definitiva por ser o nº 135 de FETE en 1942.

Recoñecementos

O 25 de xuño de 2005 os veciños de Pantín colocaron na escola unitaria unha placa de homenaxe aos mestres represaliados en 1936 Frutos Burgos Ramos, Reinaldo Sarria, José Ambrós Gordillo, Manuel López González e Joaquín Pérez Garre."Memoria de un hombre bueno", La Voz de Galicia, Ferrol, 24-6-2005, p. 12. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Concello de Valdoviño. Historia

Ficha en Memoria da Coruña

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Concelleiros de Valdoviño Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Rubiá Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos