Trevor Wallace Howard-Smith, nado en Cliftonville (Kent) o 29 de setembro de 1913 e finado en Bushey (Hertfordshire) o 7 de xaneiro de 1988,Pettigrew Trevor Howard: A Personal Biography, Londres: Peter Owen, 2001, p. 26 and p. 245 foi un actor inglés, gañador dos premios BAFTA e Emmy. Referente e icona de grandes títulos do cinema clásico como Breve encontro ou The Third Man, participou noutros filmes célebres como A volta ao mundo en oitenta días, Superman e Gandhi.

Traxectoria Primeiros anos Howard naceu no condado de Kent, fillo de Mabel Grey (Wallace) e Arthur John Howard-Smith.Trevor Howard: The Man and His Films, Michael Munn, Robson, 1989, p. 16British Stars and Stardom: From Alma Taylor to Sean Connery, ed. Bruce Babington, 'Trevor, not Leslie, Howard', Geoffrey McNab, Manchester University Press, 2001, p. 138 O seu pai traballou na Lloyd's of London, servindo como representante en Colombo (Sri Lanka) e outros lugares; Trevor pasou os oito primeiros anos da súa vida viaxando arredor do mundo.

Foi educado no Clifton College, Bristol,"Clifton College Register" Muirhead, J.A.O. p394: Bristol; J.W Arrowsmith for Old Cliftonian Society; abril de 1948 e posteriormente entrou na Real Academia británica de arte dramática e debutou nos escenarios londinienses en 1934. Durante a segunda guerra mundial serviu na RAF. O 8 de setembro de 1944, casou co seu primeiro amor Helen Cherry (1915-2001), matrimonio que ata a morte de Howard en 1988.

Carreira artística Howard debutou perante as cámaras en 1944 co filme The Way Ahead de Carol Reed. Axiña puido demostrar as súas aptitudes, xa que David Lean lle ofreceu un dos seus papeis polos que pasou á historia, o do romántico doutor Alec Harvey en Breve encontro (1945). Despois deste papel, as personaxes para Howard apareceron sen parar. A súa grande estatura abriulle as portas como galán, aínda que tamén comezou a buscar outros rexistros, como o memorable Mayor Calloway de The Third Man (1949) de Carol Reed, o filme do que Howard estaba máis orgulloso.

A mediados da década de 1950, Trevor Howard xa era un actor requirido por producións dende os Estados Unidos. Sen dúbida, é lembrado pola súa interpretación do borracho Walter Morel en Sons and Lovers (1960), pola que gañou a súa única candidatura aos Óscar. Obtivo cinco candidaturas aos premios da BAFTA, gañándoo por The Key, de Carol Reed en 1958.

Durante a década dos 60, alternou filmes menores con grandes interpretacións, como a do capitán Bligh en Rebelión a bordo (1962) de Lewis Milestone. Ademais de nesta longametraxe, destacou en The Charge of the Light Brigade (1968), Ryan's Daughter (1970) o Ludwig (1972).

Home sinxelo de escrupulosa privacidade, declinou o título británico de Sir e tan só especificaba nos seus contratos non traballar sempre que houbese un partido internacional de crícket (Test match).

Faleceu por mor dunha bronquite o 7 de xaneiro de 1988 en Bushey, no condado de Hertfordshire dun fallo hepático e cirrose. A memoria do actor gárdase no bar do Orange Tree Theatre de Richmond que ten o seu nome.

Filmografía

The Way Ahead (1944) como Officer on Ship (sen acreditar) The Way to the Stars (1945) como Squadron Leader Carter Breve encontro (1945) como Alec Harvey I See a Dark Stranger (1946) como David Baynes Green for Danger (1946) como Dr. Barnes They Made Me a Fugitive (1947) como Clem So Well Remembered (1947) como Richard Whiteside The Passionate Friends (1949) como Professor Steven Stratton The Third Man (1949) como Maj. Calloway Golden Salamander (1950) como David Redfern Odette (1950) como Captain Peter Churchill / Raoul The Clouded Yellow (1950) como Maj. David Somers Lady Godiva Rides Again (1951) como Guest at Theater Accepting Program (sen acreditar) Outcast of the Islands (1952) como Peter Willems Gift Horse (1952) como Lieutenant Commander Hugh Algernon Fraser The Heart of the Matter (1953) como Harry Scobie La mano dello straniero (1954) como Major Roger Court Les amants du Tage (1955) como Inspector Lewis The Cockleshell Heroes (1955) como Captain Thompson Run for the Sun (1956) como Browne A volta ao mundo en oitenta días (1956) como Denis Fallentin – Reform Club Member Interpol (1957) como Frank McNally Manuela (1957) como James Prothero A Day in Trinidad, Land of Laughter (1957, curtametraxe) como Narrator The Key (1958) como Captain Chris Ford The Roots of Heaven (1958) como Morel Malaga (1960) como John Bain Sons and Lovers (1960) como Walter Morel The Lion (1962) como John Bullit Rebelión a bordo (1962) como Captain William Bligh Man in the Middle (1963) como Major John Darryl Kensington Father Goose (1964) como Houghton Operation Crossbow (1965) como Professor Lindermann Von Ryan's Express (1965) como Maj. Eric Fincham Morituri (1965) como Colonel Statter The Liquidator (1965) como Mostyn Eagle in a Cage (1965, Hallmark Hall of Fame) como Napoleón The Poppy Is Also a Flower (1966) como Sam Lincon Triple Cross (1966) como MI 5 The Long Duel (1967) como Young Pretty Polly (1967) como Robert Hook The Charge of the Light Brigade (1968) como Lord Cardigan A batalla de Inglaterra (1969) como Air Vice-Marshal Sir Keith Park Twinky (1969) como Lola's Grandfather Ryan's Daughter (1970) como Father Hugh Collins The Night Visitor (1971) como The Inspector To Catch a Spy (1971) como Sir Trevor Dawson Mary, Queen of Scots (1971) como William Cecil Pope Joan (1972) como Pope Leo Ludwig (1972) como Richard Wagner A ofensa (1972) como Detective Superintendent Cartwright Kidnapped (1973) como Lord Advocate Grant A Doll's House (1973) como Dr Rank Who? (1973) como Colonel Azarin Catholics (1973) como The Abbot Craze (1974) como Supt. Bellamy 11 Harrowhouse (1974) como Clyde Massey Persecution (1974) como Paul Bellamy Cause for Concern (1974) como Narrator The Count of Monte Cristo (1975, telefilme) como Abbe Faria Hennessy (1975) como Commander Rice Conduct Unbecoming (1975) como Colonel Benjamin Strang Albino (1976) como Johannes The Bawdy Adventures of Tom Jones (1976) como Squire Western Aces High (1976) como Silkin Eliza Fraser (1976) como Captain Foster Fyans The Last Remake of Beau Geste (1977) como Sir Hector Babel Yemen (1977, curtametraxe) como Narrator Slavers (1978) como Alec Mackenzie Stevie (1978) como The Man Superman (1978) como 1st Elder The Spirit of Adventure: Night Flight (1979, telefilme) como Riviere Hurricane (1979) como Father Malone Meteor (1979) como Sir Michael Hughes Flashpoint Africa (1980) como Programme Controller The Shillingbury Blowers (1980) como Dan 'Saltie' Wicklow The Sea Wolves (1980) como Jack Cartwright Sir Henry at Rawlinson End (1980) como Sir Henry Rawlinson Windwalker (1980) como Windwalker Staying On (telefilme de 1980) como Colonel Tusker Smalley Arch of Triumph (1980) Light Years Away (1981) como Yoshka Poliakeff The Great Muppet Caper (1981) como Aggressive Man in Restaurant (sen acreditar) No Country for Old Men (1981, TV Movie) Inside the Third Reich (1982, telefilme) como Professor Heinrich Tessnow Deadly Game (1982, telefilme) como Gustave Kummer The Missionary (1982) como Lord Henry Ames Gandhi (1982) como Judge R. S. Broomfield Sword of the Valiant (1984) como The King Dust (1985) como Le père God Rot Tunbridge Wells! (1985) como Georg Frederich Handel Memory of the Camps (1985, documental) como Narrator Time After Time (1986) como Brigadier As aventuras tolas do meu doutor (1986) como Dr Stirrup Christmas Eve (1986, telefilme) como Maitland Hand in Glove (1987, telefilme) como Vicar White Mischief (1988) como Jack Soames The Unholy (1988) como Father Silva The Dawning (1988) como Grandfather

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Trevor Howard papers archived at Bristol University

Categoría:Nados en Kent, Inglaterra Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1988 Categoría:Actores de cinema de Inglaterra Categoría:Actores de teatro de Inglaterra Categoría:Actores de televisión de Inglaterra Categoría:Actores de voz de Inglaterra