José Otero Gómez, coñecido como O fillo do Pajarillo, nado no Grove o 22 de marzo de 1933 e finado en Barcelona o 11 de marzo de 2021, foi un mariñeiro e mecánico galego.

Traxectoria Fillo de Manuel Otero Cacabelos, O Pajarillo, piloto do atuneiro Nuevo Emden onde fuxiron do franquismo os seus irmáns Manuel e Antonio e seu tío Antonio. Marchou do Grove en 1950, navegou por medio mundo, fíxose xefe de mantemento do porto de Antofagasta (Chile), onde xuntou a toda a súa familia, viviu o período da Unidade Popular de Salvador Allende e a ditadura de Augusto Pinochet. Marchou a Barcelona onde morreu.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados no Grove Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Mariñeiros Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes