A Pokémon Mini é unha pequena consola de videoxogos portátil que foi deseñada e fabricada por Nintendo cunha temática da franquía Pokémon. É o sistema de xogo máis pequeno con cartuchos intercambiábeis xamais producido por Nintendo, pesando só 70 gramos.Así fue la consola portátil de cartuchos más pequeña de la historia: no se trata de ninguna Game Boy. www.3djuegos.lat. Consultado o 12-03-2026. Comercializouse en América do Norte o 16 de novembro de 2001 (dous días antes do lanzamento de GameCube), e despois no Xapón o 14 de decembro de 2001, e en Europa o 15 de marzo de 2002. A consola foi lanzada en tres cores: Wooper Blue, Chikorita Green e Smoochum Purple.

Especificacións técnicas CPU: 8 bits, 4 MHz Seiko (arestora Epson) S1C88 Pantalla: 96 x 64 píxeles monocromática LCD Formato: Game Pak (cartucho de 512 KB) BIOS: Interna de 4 KB RAM: 4 KB (compartido co subsistema de vídeo) Bus de cartucho de 21 bits 256 rexistros de hardware; na maioría dos casos rexistros de bus aberto Dimensións: 74 mm x 58 mm x 23 mm (2.91 polgadas x 2.28 polgadas x 0.91 polgadas) Peso: 70 gramos (2,5 oz) ou 71 g con Game Pak e pila AAA inserida Potencia: 1 pila AAA (cuxa duración é de aproximadamente 60 horas)

Notas

Categoría:Consolas de Nintendo