200px|miniatura|Florian Henckel von Donnersmarck, director do filme gañador Esta é unha lista dos filmes propostos na 79ª edición dos Óscar para o mellor filme en lingua non inglesa.En abril de 2019 o nome da categoría cambiouse a mellor filme internacional, logo de que a academia considerase a anterior denominación como desfasada: A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS) convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar un filme para o Óscar ó mellor filme internacional cada ano dende que o premio foi creado na edición de 1956. O premio é presentado anualmente pola Academia para un filme producido fóra dos Estados Unidos cun diálogo maioritariamente en lingua non inglesa. O Comité do Premio Internacional de Longametraxes supervisa o proceso e revisa todos os filmes enviados.

A Academia convidou 83 países a enviar filmes a competición, recibíndose sesenta e tres propostas, das que se aceptaron sesenta e unha, o maior número ata ese momento. Lituania presentou un filme por primeira vez.

Nesta edición cambiáronse dúas regras. A primeira foi instituír un proceso en dous pasos para escoller os filmes candidatos para permitir que os membos da Academia en Nova York puidesen participar. Un comité inicial seleccionaría nove filmes para formar unha lista curta en xaneiro que entón sería revisada por un comité composto de dez membros do comité inicial, dez membros dos Ánxeles e dez de Nova York para escoller os cinco candidatos finais. O segundo cambio foi suprimir a regra que requiría que os filmes estivesen nunha lingua do país que o propuxo. Isto fíxose como resposta ao rexeitamento dos filmes propostos por Italia e Austria para a 78ª edición dos Óscar, Private e Caché respectivamente, por non estar filmados en linguas dos respectivos países. Isto permitiu aceptar propostas como a canadense Water, que só contén diálogos en hindi. Tras revelar a lista curta de candidatos, os cinco candidatos (Alemaña, Alxeria, o Canadá, Dinamarca e México) anunciáronse o 23 de xaneiro de 2007. O filme alemán A vida dos outros de Florian Henckel von Donnersmarck gañou o premio.

Propostas País Título Lingua(s) Director(es) Resultado A vida dos outros Alemán Indigènes Árabe Derecho de familia Castelán Ten Canoes Linguas indíxenas australianas, inglés Spiele Leben Alemán Nirontor Bengalí Een ander zijn geluk Neerlandés American Visa Castelán Grbavica Bosníaco Cinema, Aspirinas e Urubus Alemán, portugués Maimuni prez zimata Búlgaro Water Hindi Šílení Checa En la cama Castelán Mǎnchéng Jìndài Huángjīnjiǎ Mandarín Soñar no cuesta nada Castelán Wang-ui namja Coreano Libertas Italiano, serbocroata El Benny Castelán Efter brylluppet Dinamarquesa, hindi, sueco Odgrobadogroba Esloveno Volver Castelán ʿImārat Yaʿqūbīān Árabe Ang Pagdadalaga ni Maximo Oliveros Tagalo Laitakaupungin valot Finés, ruso Fauteuils d'orchestre Francés I horodia tou haritona Grego Yè Yàn Mandarín Fehér tenyér Húngaro, ruso Rang De Basanti Hindi Berbagi Suami Indonesio Café Transit Grego, persa, turco Ahlaam Árabe Börn Islandés Adama Meshuga'at Francés, hebreo Nuovomondo Italiano Kôshpendiler Kazako , Talgat Temenov, Ivan Passer Sunduk predkov Francés, kirguiz Bosta Árabe Prieš parskrendant į žemę Lituano, ruso Masz na imie Justine Alemán, polaco Antiga República Iugoslava de Macedonia Kontakt Alemán, macedonio La symphonie marocaine Árabe El laberinto del fauno Castelán Basain Nepalés Reprise Noruegués Zwartboek Neerlandés, hebreo, alemán Madeinusa Castelán Z odzysku Polaco, ruso Ladrones y mentirosos Castelán Alice Portugués Cum mi-am petrecut sfârșitul lumii Romanés 9 rota Ruso Sutra ujutro Serbocroata Farväl Falkenberg Sueco Vitus Alemán de Suíza Ahingsa-Jikko mee gam Tailandés Shen hai Mandarín, taiwanés Dondurmam Gaymak Turco Aurora Ruso, ucraíno Maroa Castelán Chuyen cua Pao Vietnamita Hura Gāru Xaponés

Descualificacións As propostas de Finlandia e Luxemburgo foron rexeitadas antes do proceso de revisión. O filme finlandés foi retirado da competición polo seu director Aki Kaurismäki e o luxemburgués porque se considerou que a presenza creativa do país na realización do filme non cumpría os requirimentos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Official website of the Academy Awards

79 Categoría:Cinema en 2006