John M. Kleeberg, nado en Nova York, é un numismático estadounidense especializado na historia da moeda norteamericada e hispanoamericana.
Traxectoria Logo de completar o ensino secundario na Stuyvesant High School de Nova York en 1975, Kleeberg realizaou os seus estudos superiores na Universidade Yale, onde en 1979 se graduou cunha dobre titulación en Latín e Historia, cunha tese titulada The interrelationship between Contemporary events and Mommsen’s Historiography. Posteriormente trasladouse a Inglaterra, onde en 1988 se doutourou na Universidade de Oxford, cunha tese sobre a Historia moderna titulada The Disconto-Gesellschaftand German Industrialization: A Critical Examination of the Career of a German Universal Bank, 1851-1914”."Kleeberg, John. 1988. Thesis: The Disconto-Gesellschaft and German industrialization". En Oxford University Research Archive."John M. Kleeberg: Curriculum Vitae". Academia.edu
En 1990 comezou a desenvolver a súa carreira profesional na American Numismatic Society, de Nova York, onde foi nomeado conservador axudante de moeda moderna, e catro anos despois foi ascendido ao posto de conservador titular.
Simultaneamente, no Círculo Numismático de Nova York ocupou os cargos de secretario-tesoureiro, vicepresidente e, finalmente, presidente entre 1992 e 1997.
A partir de 1991 foi autor e, sobre todo, editor de diversas obras numismáticas, fundamentalmente acerca da historia da moeda en Norteamérica e en Hispanoamérica. Entre o seu labor como editor destaca a edición en varios volumes das actas das series de conferencias Coinage of the Americas."Biographical Sketch: John M. Kleeberg". En The Colonial Newsletter. Nº 125. Abril de 2004. Páxina 2.600. Así mesmo, forma parte do comité editorial da publicación periódica American Journal of Numismatics e é editor asociado de The Colonial Newsletter.
En 2000 deu un xiro á súa carreira profesional e abandonou o seu posto na American Numismatic Society para iniciar novos estudos, na Escola de Dereito da Universidade de Nova York, onde que se graduou como Juris Doctor en 2002. O ano seguinte superou as condicións para ser admitido no Colexio de Avogacía de Nova York e en 2004 foi admitido como avogado en prácticas. Como xurista, participa tamén desde 2010 na Comisión de Reclamacións Xudías contra Alemaña.
Malia o seu afastamento da numismática como dedicación profesional, Kleeberg continúa a ser membro da American Numismatic Society"ANS Fellows 2021 ". American Numismatic Society. e mantén a súa dedicación á investigación e á edición, fundamentalmente en forma de artigos.
Recoñecementos (2018): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York."Recipients of the Huntington Medal Award ". American Numismatic Society."2018 Huntington Award to John Kleeberg ". American Numismatic Society."2018 Huntington Award to John Kleeberg". Coins Weekly. 22 de novembro de 2018.
Publicacións John M. Kleever é un autor prolífico de artigos publicados en prestixiosas revistas numismáticas e historiográficas. Ademais, é autor de dous traballos monográficos e editor doutra media ducia:"Kleeberg, John M. ". Digital Library Numis."Kleeberg, John M.". WorldCat Identities.
Como autor (2009). Numismatic Finds of the Americas. An Inventory of American Coin Hoards, Shipwrecks, Single Finds and Finds in Excavations. Numismatic Notes and Monographs 169. American Numismatic Society. ISBN 978-0-89722-311-9 (2009). An Island of Civility. The Centennial History of the New York Numismatic Club 1908/09-2008/09 (con D. T. Alexander). The New York Numismatic Club. ISBN 9780615329628
Como editor (1992). Money of Pre-Federal America. Proceedings of the Coinage of the Americas Conference, 7. American Numismatic Society, Nova York. ISBN 9780897222488 (1994). Canada's Money. Proceedings of the Coinage of the Americas Conference, 8. American Numismatic Society, Nova York. ISBN 9780897222525 (1995). America's Silver Dollars. Proceedings of the Coinage of the Americas Conference, 9. American Numismatic Society, Nova York. ISBN 9780897222570 (1998). America's Large Cent. Proceedings of the Coinage of the Americas Conference, 12. American Numismatic Society, Nova York. ISBN 9780897222716 (2000). Circulating Counterfeits of the Americas. Proceedings of the Coinage of the Americas Conference, 14. American Numismatic Society, Nova York. ISBN 9780897222792 (2006). Money of the Caribbean (con R. G. Doty, eds.). Proceedings of the Coinage of the Americas Conference, 15. American Numismatic Society, Nova York. ISBN 978-0-89722-285-3
Notas
Categoría:Nados en Nova York Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:American Numismatic Society Categoría:Historiadores dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade Yale Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Alumnos da Universidade de Nova York Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados en ano descoñecido