O Vao é un lugar da parroquia de Reigada no concello ourensán de Manzaneda na Comarca da Terra de Trives. Segundo o IGE en 2020 estaba despoboado. Historia
O lugar construíuse en 1956 para acoller traballadores da empresa Saltos del Sil durante a construción do encoro do Vao, no río Bibei, que recibe o seu nome da veciña aldea do Vao (na parroquia de Tuxe, no concello do Bolo). O lugar chegou a ter capela e cinema. Logo do seu abandono, no espazo construíuse un cámping.
Lugares e parroquias
Lugares de Tuxe
Parroquias do Bolo
Notas
Categoría:Lugares de Manzaneda Categoría:Manzaneda poboación 2020 Categoría:Despoboados da provincia de Ourense Categoría:Lugares divididos entre dous concellos