Silvia Alejandra Fernández de Gurmendi, nada o 24 de outubro de 1954, é unha avogada, xuíza e diplomática arxentina, que desde 2010 integra a Corte Penal Internacional e presidiuna entre 2015 e 2018.

Traxectoria Estudou dereito na Universidade de Córdoba e a Universidade de Limoges, e obtivo posteriormente un doutoramento na Universidade de Buenos Aires. Ingresou no servizo exterior en 1989, entre 1994 e 2000 foi conselleira legal da delegación arxentina nas Nacións Unidas e en 2006 traballou como Directora Xeral de Dereitos Humanos no ministerio de Relacións Exteriores e Culto. Á súa vez, representou a Arxentina na Comisión Interamericana de Dereitos Humanos e a Corte Interamericana de Dereitos Humanos.

En novembro de 2009. foi elixida como xuíza na división de Cuestións-Preliminares da Corte Penal Internacional, destinada a xulgar o xenocidio e os crimes de agresión, de guerra e contra a humanidade. En marzo de 2015 foi elixida para presidir a corte até 2018. Previamente fora vicepresidenta da conferencia que decidiu a súa creación en 1998 e coordinara a División de Competencia, Complementariedade e Cooperación da fiscalía.

No ámbito académico traballou como profesora da Universidade de Buenos Aires, a Universidade de Palermo e actualmente faio na Universidade Americana.

Notas

Categoría:Profesores da Universidade de Buenos Aires Categoría:Alumnos da Universidade de Buenos Aires Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Córdoba Categoría:Nados en 1954 Categoría:Diplomáticos Categoría:Nados en Córdoba, Arxentina Categoría:Xuíces da Arxentina