Os Piares do Lena (en ; en ) son unha formación rochosa natural nas marxes do río Lena, na República de Iacutia, Siberia Oriental, Rusia. Teñen unha altura de entre 150 e 300 metros, e formáronse durante o Período Cámbrico. A maior concentración de piares atópase entre as localidades de Petrovskoye e Tit-Ary. O Parque Natural dos Piares do Lena inscribíuse na Lista do Patrimonio Mundial en 2012.
O lugar sitúase a uns 180 km, a menos dun día de barco a partir da cidade de Yakutsk, a capital da autónoma República de Sakha.
UNESCO O Parque Natural dos Piares do Lena incluíuse na lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO tanto pola presenza e beleza dos propios piares como por conter moitos fósiles do Período Cámbrico.
Turismo Pódense contratar cruceiros fluviais a través de axencias de viaxes na cidade de Yakutsk. Os visitantes interesados na limnoloxía ou no ecoturismo, incluídos aqueles que tamén visitan o lago Baikal, poden organizar unha excursión fluvial coa axuda dun guía da rexión do lago Baikal. Yakutsk, punto de partida dos cruceiros fluviais, atópase aproximadamente a 1400 km ao nordés do lago Baikal.
Nesta parte de Rusia hai poucas comodidades modernas, a menos que se viaxe nun cruceiro polo río Lena. Tit-Ary, situado na beira oposta do río, está conectado con Yakutsk mediante unha estrada de grava.
As rutas de sendeirismo da rexión son escarpadas e, ás veces, poden resultar perigosas.
Xeoloxía Os piares están formados por capas alternas de calcaria, marga, dolomía e pizarra que datan do Cámbrico inicial e medio, a erosión destas rochas dá lugar aos seus abruptos afloramentos.UNESCO - Tentative Lists
Estes tipos de rochas fórmanse habitualmente en ambientes mariños, a estratificación horizontal e a variación vertical indican procesos de transgresión mariña e rexresión mariña, sendo a pizarra o resultado da transformación de lutitas de ambiente mariño profundo lixeiramente metamorfizadas.
Clima O clima é marcadamente continental, con temperaturas que baixan ata -60 °C no inverno e chegan a subir ata +35 °C no verán.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Patrimonio da Humanidade en Rusia
Ligazóns externas
Lena river trips
Categoría:Xeografía de Rusia Categoría:Patrimonio da Humanidade en Rusia