Pilar Albarracín, nada en Sevilla o 27 de setembro de 1968, é unha artista española coñecida polas súas actuacións, vídeos, debuxos, fotografías, bordados, collages e instalacións "enfocadas cara á construción cultural da identidade española, especialmente a da muller andaluza".
A escritora Paula Achiaga noméaa como unha das artistas españolas máis controvertidas. En palabras da crítica de arte Rosa Martínez Delgado "Pilar Albarracín desvela o drama das estruturas de dominación e pon en evidencia a violencia exercida sobre as mulleres. Mais non o fai desde un dogmatismo moralista, senón desde a ironía ou o sarcasmo de visións surreais e apropiacións xocosas".
Traxectoria artística A obra de Albarracín examina a súa cultura e herdanza andaluzas, facendo referencia á sociedade e os seus símbolos. Nas súas actuacións incorpora a danza, en especial o flamenco, e o vestiario típico rexional. Hai tamén un compoñente de erotismo na súa obra. Albarracín interésase polo feminismo e a socioloxía.
Rosa Martínez escribe que as mulleres representadas por Albarracín "foron todas utilizadas ou abusadas por un sistema que as considera bens inmóbeis ou bens de consumo". Durante as súas actuacións, a miúdo transfórmase en arquetipos de mulleres españolas, como "campesiña, inmigrante, muller maltratada, ama de casa, bailarina flamenca ou cantadora de flamenco”.Gran parte da obra de Albarracín trata sobre a muller ou situacións que inclúen mulleres. Por exemplo "Sangre en la calle" (1992), onde representa mulleres que foron vítimas de violencia en plena rúa.
Con outros medios, Albarracín tamén emprega a roupa feminina para facer as súas accións. Na súa actuación de 1999, Tortilla española, a artista cortaba o seu propio vestido e cociñábao nunha "cerimonia de auto-inmolación". En 2012, Albarracín creou "mandalas de roupa interior" para pezas orixinalmente utilizadas por familiares da artista. A serie chamouse El origen del Nuevo Mundo. A artista comentou como a intersección do invisíbel, a roupa interior cotiá e a natureza sacra do mandala, producían unha sensación de ironía. Tamén provocaba a conversación: ao pedirlles aos seus familiares e amigos a súa roupa interior, induciunos a falar abertamente sobre a súa roupa e os seus corpos.
Aínda que a súa obra non está exenta de seriedade, Albarracín difunde a súa visión artística como "chea de parodias e traxicomedias que se aproximan ao paroxismo catártico". Unha destas pezas é La cabra (2001), onde representa unha especie de "danza salvaxe" cunha bota chorreante.
Outras obras significativas súas son La Noche 1002/ The Night 1002 (Fotografía en cor; 125 x 186 cm), Lunares, 2004 (Vídeo, Galerie Valloise, París) o Prohibido El Cante, 2013 (Fotografía en branco e negro; 190 x 125 cm).
Albarracín trata os símbolos folclóricos andaluces con ironía e humor, aínda que se mostra a favor de tradicións non exentas de polémica, como as corridas de touros.
Exposicións Un dos seus primeiros traballos incluíuse nunha exhibición colectiva chamada "100%", que tivo lugar no Museo de Arte Contemporánea de Sevilla (hoxe integrado no Centro Andaluz de Arte Contemporánea) en 1993 comisariada por Mar Villaespesa. "100%" foi considerada a primeira exposición feminista celebrada en España. En maio de 2002, Albarracín participou na exposición colectiva Argent et valeur -- le dernier tabou (Diñeiro e valor -o último tabú), comisariada por Harald Szeemann para o pavillón do Swiss National Bank de Suíza na Expo.02. O foco desta exhibición estaba en examinar o valor do diñeiro en diferentes culturas e sociedades.
El Nuevo Mundo, exposición celebrada na Galerie Georges-Philippe et Nathalie Vallois de París en 2012, foi o comezo do seu recoñecemento internacional como artista. Nela exhibiu mandalas creados con medias que trataban de mostrar a construción cultural da muller española. Volveu expola no ano 2014 na Galería Javier López & Fer Frances de Madrid.
Entre xuño e setembro de 2016 expuxo no Centro de Arte Contemporánea de Málaga Ritos de fiesta y sangre na que recompilaba a súa obra dos 15 anos precedentes.
Na súa terceira exposición en solitario, La calle del infierno, Albarracín mergullouse na súa cidade natal, Sevilla, e nos seus personaxes tradicionais. Celebrada de novo na Galerie Georges-Philippe et Nathalie Vallois de París, as súas obras expuxéronse de marzo a abril de 2015.
En 2017 presentou na Galerie Georges-Philippe et Nathalie Vallois de París Fandango por venas y arterias, Serie Anatomía Flamenca que consistiu nunha actuación de flamenco tradicional.
A súa primeira retrospectiva celebrouse no Centro de Arte Tabacalera Promoción del Arte de Madrid entre novembro de 2018 e xaneiro de 2019. Co nome de Que me quiten lo bailao recompiláronse os seus 25 anos de creación.
A obra de Albarracín móstrase nas coleccións do Musée d'Art Moderne de la Ville de Paris, o Artium Museum, o Museo de Arte Contemporánea de Castela e León, o Centro Andaluz de Arte Contemporánea de Sevilla, o Centro de Arte Contemporánea de Málaga e noutras moitas coleccións privadas. En 2005 foi convidada á Bienal de Venecia e á Moscow Biennale of Contemporary Art.
As súas creacións exhibíronse tamén en lugares como o Macedonian Museum of Contemporary Art en Tesalónica (Grecia), o Contemporary Arts Center de Nova York, o Centre National d'Art et du Paysage de Vassivière ou o Modern Sanat Muzesi de Istanbul. Outras exposicións significativas de Albarracín celebráronse na Fundación La Caixa (2002), as Reales Atarazanas de Sevilla (2004) e a Maison Rouge en París (2008).
En 2018 participou na exposición colectiva La NO comunidad organizada polo Concello de Madrid en CentroCentro, onde a modo de ensaio aborda o tema da soidade no tardocapitalismo.
Exposicións individuais (selección) 2014
Muro de geranios, Musée en Herbe, París, Francia. El nuevo mundo. Galería Javier López, Madrid, España. La Rue des pas perdus, Centre de Photographie de Lectoure, Comisario: François Saint Pierre Lectoure, Francia Asnería Musée National Pablo Picasso La Guerre et la Paix, Musées Nationaux du XX° siècle des Alpes-Maritimes Comisario: Maurice Fréchuret, Sarah Ligner Vallauris, Francia.
2015
Coreografías para la salvación, Théâtre National de Chaillot, París, Francia. La calle del infierno. Galerie Georges-Philippe & Nathalie Vallois, París, Francia.
2016
En Sevilla hay que morir, CAS Sevilla. Centro de las Artes de Sevilla. Instituto de la Cultura y de las Artes de Sevilla, Concello de Sevilla, Sevilla, España. Ritos de fiestas y sangre, CAC Málaga. Centro de Arte Contemporánea de Málaga, Comisario: Fernando Francés, Málaga, España. ¡Viva España!, MACBA Museo de Arte Contemporánea de Buenos Aires, Comisario: Aldo Rubino, Buenos Aires, Arxentina.
2017
Extractos de fuego y de veneno, Centro de Cultura Contemporánea La Madraza, Comisaria: Concha Hermano, Universidade de Granada, Granada, España. Anatomía Flamenca, Galerie Georges-Philippe & Nathalie Vallois, París, Francia.
2018
Pilar Albarracín qué me quiten lo bailao, Tabacalera Promoción del Arte, Comisaria: Pía Ogea, Madrid, España.
2019
Pilar Albarracín, MAIIAM Contemporary Art Museum, Comisarios: Kittima Chareeprasit, Eric Bunnag, Jean-Michel Beurdeley Chiang Mai, Tailandia. Recuerdos de España (Souvenir d’Espagne) Maison de la Culture d’Amiens, Festival Internacional de Cine, Amiens, Francia.
2020
Pilar Albarracín. No apagues mi fuego, déjame arder, Galerie Georges-Philippe & Nathalie Vallois, París, Francia. 2021
Accións peregrinas. Centro Galego de Arte Contemporánea.
Publicacións Albarracín foi escollida para participar na serie Mécénat Altadis en 2002, onde se centrou na identidade e o status da muller na cultura andaluza. Neste traballo, a creadora válese da ironía para dar sentido a obxectos cotiáns como unha cazola ou un espello.
En 2003 publicou Pilar Albarracín e en 2008 Cadencia Mortal, resultado da exposición que leva a cabo en París e na que cuestiona a sociedade española, os roles tradicionais de xénero e a identidade sexual a través do vídeo, a actuación, a escultura, a fotografía e a instalación.
Publicou Recuerdos de España en 2010 para catalogar a súa exposición en Tokyo, Xapón.Utiliza os estereotipos chineses da cultura española dunha maneira sarcástica e irónica para revelar a natureza problemática do turismo a converter a cultura andaluza.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial da artista Recuerdos orales (entrevista en español con subtítulos en inglés) Mortal Candencia, exposición de la Maison Rouge, París (vídeo en francés) Programa Metrópolis de RTVE sobre Pilar Albarracín
Categoría:Nados en Sevilla Categoría:Videoartistas Categoría:Feministas de España Categoría:Nados en 1968