Maite Emily Nkoana-Mashabane, nada en Ga-Makanye, provincia de Limpopo, o 30 de setembro de 1963, é unha política surafricana. Foi Ministra surafricana de Relacións Internacionais e Cooperación desde 2009, relevando a Nkosazana Dlamini-Zuma, Ministra de Desenvolvemento Rural e Reforma da Terra desde 2018 e Ministra da Presidencia para as Mulleres, Mozos e Persoas con Discapacidades desde 2019.
É membro do Comité Executivo Nacional do Congreso Nacional Africano (ANC), partido político surafricano no que milita. Formou parte do Parlamento na Asemblea Nacional e ocupou cargos de diplomacia internacional.
Traxectoria Nkoana-Mashabane naceu en Ga-Makanye, provincia de Limpopo. Durante a época do apartheid foi unha activista da Fronte Democrática Unida (UDF). Despois pasou a ser designada como Alta Comisionada do Sur de África á India e Malaisia. O seu exesposo Norman Mashabane, embaixador de Indonesia, foi acusado de acoso sexual.
Foi membro do Parlamento na Asemblea Nacional entre 1994 e 1995 e posteriormente foi enviada a misións diplomáticas en países como a India, Malaisia e as Maldivas.
Entre as súas referencias políticas, destaca ás mulleres que protagonizaron a Marcha de 1956, encabezada por Lilian Ngoyi, Helen Joseph, Albertina Sisulu e Sophia Williams-De Bruyn.
Nkoana-Mashabane foi nomeada Ministra de Relacións Internacionais e Cooperación de Suráfrica o 11 de maio de 2009 polo presidente Jacob Zuma. Foi Presidenta da Conferencia das Nacións Unidas de 2011 sobre Cambio Climático, celebrada na localidade surafricana de Durban do 28 de novembro ao 11 de decembro.
Ocupou as carteiras de Ministra de Relacións Internacionais e Cooperación desde o 26 de maio de 2014 até o 26 de febreiro de 2018 e de Ministra de Desenvolvemento Rural e Reforma Agraria o 27 de febreiro de 2018.
O 30 de maio de 2019 fíxose cargo do Ministerio da Presidencia para as Mulleres, Mozos e Persoas con Discapacidades.
Notas
Categoría:Nados na provincia de Limpopo Categoría:Nados en 1963 Categoría:Políticos de Suráfrica