Ngozi Okonjo-Iweala, nada en Ogwashi-Uku o 13 de xuño de 1954, é unha economista e experta en desenvolvemento internacional nixeriana. O 15 de febreiro de 2021 foi nomeada Directora Xeral da Organización Mundial do Comercio asumindo as funcións o 1 de marzo de 2021, sendo a primeira muller que asume o posto.
É membro das xuntas directivas de Standard Chartered Bank, Twitter, a Alianza Global para Vacinas e Inmunización (GAVI) e African Risk Capacity (ARC).
En 2003 converteuse na primeira muller Ministra de Finanzas de Nixeria (2003-2006, 2011-2015) baixo a presidencia de Olusegun Obasanjo e da presidencia de Goodluck Jonathan.
Tamén foi Directora Xerente do Banco Mundial (2007-2011), unha organización na que traballou durante 25 anos.
Traxectoria Naceu en Ogwashi-Ukwu, no estado do Delta de Nixeria, onde o seu pai, o profesor Chukwuka Okonjo, era o obi (rei) da Familia Real Obahai de Ogwashi-Ukwu,
Okonjo-Iweala educouse en Queen's School de Enugu, no St. Anne's School, Molete en Ibadan e na International School Ibadan. Chegou a Estados Unidos en 1973, cando era adolescente, para estudar na Universidade Harvard, e graduouse magna cum laude cun AB en Economía en 1976. En 1981 realizou o doutoramento en economía rexional e desenvolvemento económico no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts.Okonjo-Iweala, Ngozi (1981). Credit policy, rural financial markets, and Nigeria's agricultural development (Thesis). Massachusetts Institute of Technology. hdl:1721.1/46400. OCLC 08096642. Foi ministra de Finanzas da República Federal de Nixeria entre xullo de 2003 e xullo de 2006 e desde xullo de 2011; ese ano encarou un ambicioso programa de reformas para conter o gasto público. Tamén foi ministra de Relacións Exteriores en 2006. Durante o período 2007-2011 foi directora xerente do Banco Mundial. En 2012 considerouse a súa candidatura para presidir dita institución, e contaba co respaldo da Unión Africana e eloxios de prestixiosas publicacións; no entanto, a súa postulación foi superada pola de Jim Yong Kim.Nominaciones para presidir el BM
En febreiro de 2021 a administración Biden anunciou o seu apoio para que Ngozi Okonjo-Iweala asumise o posto de directora xeral da Organización Mundial do Comercio (OMC). O 15 de febreiro confirmouse o seu nomeamento para substituír o brasileiro Roberto Azevedo. A decisión tomouse por consenso dos 164 membros. O 1 de marzo de 2021 converteuse na primeira muller e a primeira persoa africana á fronte da OMC, trala renuncia da súa rival, a ministra surcoreana de Comercio Yoo Myung-hee, quen contaba co apoio da administración de Trump. O seu mandato expirará o 31 de agosto de 2025 e é renovable.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Vera Songwe
Ligazóns externas Sitio web de Ngozi Okonjo-Iweala Video of Ngozi Okonjo-Iweala at the TED Conference Time Europe's Heroes of 2004 'I keep my ego in my handbag', entrevista en The Guardian, agosto de 2005 'Okonjo-Iweala is second highest paid official– World Bank' '2011 budget not good for development – Okonjo-Iweala' Biografía por CIDOB (en español)
Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Yale Categoría:Políticos de Nixeria Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Alumnos do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Categoría:Nados en 1954 Categoría:Nados en Nixeria Categoría:Diplomáticos