Hina Rabbani Khar ( , کھر) nada en Multán o 19 de novembro de 1977, é unha política paquistaní.
Traxectoria Estudou Empresariais na Universidade de Lahore de Ciencias da Administración e na Universidade de Massachusetts Amherst antes de ingresar na política como membro da Asemblea Nacional en 2002, representando á liga Musulmá de Paquistán (Q) e converténdose en ministra subalterna responsable da política económica baixo o primeiro ministro Shaukat Aziz. En 2009, tras cambiar de partido e gañar a reelección co Partido do Pobo Paquistaní, foi nomeada viceministra de finanzas e asuntos económicos e ese mesmo ano converteuse na primeira muller en presentar o orzamento ante a Asemblea Nacional.
Foi designada polo primeiro ministro Yousaf Raza Gillani como Ministra de Asuntos Exteriores de Paquistán en xullo de 2011, e ocupou o cargo até pouco antes das eleccións de 2013, cando se retirou da política activa. Con 33 anos de idade no momento de asumir a dirección do ministerio de exteriores, foi a persoa máis nova e a primeira muller no cargo. Continúa sendo membro do Partido do Pobo Paquistaní e é oradora sobre política exterior.
Notas
Categoría:Alumnos da Universidade de Massachusetts Amherst Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados en Paquistán Categoría:Políticos de Paquistán Categoría:Diplomáticos