Pelonomi Venson-Moitoi, nada en Serowe o 31 de maio de 1951, é unha xornalista e política de Botswana. Foi ministra de Asuntos Exteriores de Botswana de 2014 até abril de 2018. Posteriormente foi nomeada Ministra Local e de Desenvolvemento. Considerada unha das mulleres con maior influencia política, foi fulminada do gabinete de goberno cando anunciou a súa intención de disputar a presidencia do partido gobernamental Partido Democrático de Botsuana.
Previamente ocupou diversos ministerios, entre eles o de Comunicación, Ciencia e Tecnoloxía, Comercio, Industria e Turismo etc. En 1999 foi elixida deputada da Asemblea Nacional de Botsuana.
Traxectoria Pertencente á etnia tsuana, naceu e creceu en Serowe. Foi nomeada membro da Asemblea Nacional de Botswana en 1999 como unha dos catro membros especialmente seleccionadas e foi reelixida nas eleccións xerais de 2004.
Ocupou varios postos ministeriais, Ministra de Obras, Transporte e Comunicacións de 2001 a 2002, Ministra de Comercio, Industria, Vida Silvestre e Turismo de 2002 a 2004, Ministra de Comunicacións, Ciencia e Tecnoloxía en 2004 e Ministra de Educación. En 2014 foi nomeada Ministra de Asuntos Exteriores de Botswana posto que ocupou até marzo de 2018. Foi sucedida no cargo por Vincent T. Seretse en abril de 2018 e Pelonomi asumiu o Ministerio Local e de Desenvolvemento.
En 2017 foi candidata a presidir a Comisión da Unión Africana.
O 17 de decembro de 2018, Venson-Moitoi anunciou que sería candidata á presidencia do partido. Ao día seguinte o presidente do país, Mokgweetsi Masisi e líder do partido expulsouna do gabinete.
O 5 de abril de 2019, escribiu unha carta ao secretario xeral do Partido Demócratico de Botsuana na que anunciaba que se retiraba das eleccións presidenciais, alegando que as eleccións estaban "manipuladas desde o principio". O día anterior, o Tribunal Superior fallara en contra da súa solicitude de adiamento do congreso electivo, acordado cos avogados da oposición que non probara se a súa cidadanía era por nacemento ou descendencia. A súa candidatura fora apoiada polo expresidente Ian Khama, quen criticou ao partido gobernante, acusándoo de «facer trampa, intolerancia e intimidación».
Vida persoal Está casada con Prince Moitoi quen foi o seu xefe de campaña durante a súa carreira política. Teñen tres fillos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil na páxina de inicio do Ministerio de Comunicacións, Ciencia e Tecnoloxía
Categoría:Políticos de Botswana Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados en Botswana