Shi Jian 1 ou SJ 1 foi un satélite artificial da China lanzado o 3 de marzo de 1971 a bordo dun foguete CZ-1 desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan.

Características SJ 1 foi o segundo satélite artificial lanzado pola China. Foi deseñado pola Academia China de Tecnoloxía Espacial (CAST, en inglés). Tiña unha masa de 221 kg e forma de esfera de 1 m de diámetro, similar á do primeiro satélite chinés, o Dong Fang Hong 1. Alimentábase mediante células solares e levaba a bordo dous instrumentos: un contador Geiger-Müller para a detección de raios cósmicos e a medición de protóns con enerxías de máis de 16,4 MeV e electróns de máis de 0,88 MeV; e unha cámara de ionización para medir os raios X solares.

O satélite estivo funcionando durante oito anos. Reentrou na atmosfera o 17 de xuño de 1979.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Shi Jian 2 CZ-1 Shi Jian 2 Shi Jian 2A Shi Jian 2B Shi Jian 4 Shi Jian 5 Shi Jian 6 Shi Jian 7 Shi Jian 8 Shi Jian 9A Shi Jian 9B Shi Jian 10 Shi Jian 11 Shi Jian 12 Shi Jian 13

Categoría:Satélites artificiais