Sarojini Naidu, nada como Sarojini Chattopadhyay en Hyderabad o 13 de febreiro de 1879 e finada en Lucknow o 2 de marzo de 1949, tamén coñecida polo sobrenome do Rousinol da India, foi unha activista pola independencia da India e poeta. Naidu foi a primeira gobernadora das Provincias Unidas de Agra e Oudh entre 1947 e 1949; sendo a primeira muller que estivo á fronte dun goberno naquel país. Tamén foi, en 1925, a segunda muller en presidir o Congreso Nacional Indio, e a primeira muller india ao facelo. Como poeta destacou como unha dos mellores poetas líricos da época, escribindo en inglés.Diccionario de las mujeres célebres, páx. 200. A. Jourcin i Ph Van Tieghem. 1970<

Carreira literaria Naidu empeza a escribir con doce anos cunha obra en persa, Maher Muneer, que impresionou ao Nawab de Hyderabad.

En 1905 publícase a súa primeira colección de poemas, titulada "The Golden Threshold". Os seus poemas foron apreciados por prominentes figuras políticas como Gopal Krishna Gokhale.

A súa colección de poemas, titulada "The Feather of The Dawn" foi editada postumamente en 1961 pola súa filla Padmaja.

Recoñecemento O asteroide 5647 Sarojininaidu, descuberto por Eleanor Helin, no Observatorio Palomar en 1990, recibiu ese nome na súa homenaxe.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Poetas en lingua inglesa Categoría:Nados en 1879 Categoría:Nados na India Categoría:Finados en 1949 Categoría:Activistas da India Categoría:Políticos da India