Anthony James Leon, nado en Durban, Natal o 15 de decembro de 1956, coñecido simplemente como Tony Leon, é un político surafricano, que desempeñou o cargo de líder da oposición do seu país entre 1999 e 2007, sendo líder do Partido Demócrata e, con posterioridade, do partido Alianza Democrática (DA), que desde a súa fundación é a principal forza opositora ao goberno do Congreso Nacional Africano (ANC).http://www.sahistory.org.za/people/anthony-james-tony-leon Desde a chegada da democracia a Suráfrica é o líder da oposición que máis tempo ostentou devandito cargo. Aínda sendo membro da DA, exerceu como embaixador de Suráfrica ante Arxentina entre 2009 e 2012.Leon, Skweyiya, Balfour earmarked for diplomatic posts Mail & Guardian, 3 de agosto de 2009 Antes diso foi membro do Parlamento entre 1994 e 2009.
Desde 2012, Leon foi presidente executivo de Resolve Communications (Pty) Ltd, unha organización de defensa da reputación e consultoría de comunicacións estratéxicas baseada en Suráfrica e asesora principal de K2 Intelligence, unha organización de investigación internacional e análise de risco con base en Londres e Nova York. A consultoría foi fundada por Jules e Jeremy Kroll en 2009. Leon tamén é columnista contratado de Times Media Group Ltd, as súas columnas aparecen semanalmente ou mensualmente en Business Day, Sunday Times e Times,.Zille does the Mitchell s Plain shuffle to lure key Cape votes Business Day. 19 de marzo de 2009 Leon foi votado décimo sexto no Top 100 dos surafricanos máis importantes na canle de televisión SABC3.Great South African list-topper no surprise IOL. 27 de setembro de 2004
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina persoal
Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados en Durban Categoría:Políticos de Suráfrica