miniatura|Ingredientes típicos do calleiro: pan duro, azucre, ron, ovos, leite, manteiga, especias para calleiro e pasas.

O calleiro, vincha, ou bandullo, é unha sobremesa tradicional galega elaborada basicamente con leite, pan seco, azucre, ovos e especias.Sabes o que é o calleiro? Come a Comarca, TVG, 02/06/2020.10 dulces de la respostería tradicional gallega que desconocías

Unha receita semellante ó calleiro, chamada mixtura gallega, xa aparece publicada no libro de La cocina práctica de Picadillo en 1905.La cocina práctica / Manuel Mª Puga y Parga (Picadillo), páxina 451

No concello de Cerdedo celebrouse dende o ano 2000 ó 2011 unha festa da vincha para dar a coñecer esta sobremesa.La Festa da Vincha de Cerdedo celebra sus 10 años de historia con una concurrida edición La Festa da Vincha desaparece al dar por cumplido su objetivo

Denominacións O seu nome ven do calleiro, o estómago do porco, a vincha, a vexiga de diferentes animais, ou o bandullo, o maior dos estómagos dos ruminantes, que eran utilizados como recipiente ou molde para a súa preparación.

Esta sobremesa é popular en moitas partes de Galicia con diferentes denominacións e pequenas variacións nos ingredientes en cada unha delas. É coñecido como calleiro na zona de Noia, Lousame, Fisterra, Cee e Vimianzo,A que sabe o galego en Vimianzo? vincha, bandullo ou budín de voda na provincia de Pontevedra, bandullo tamén na zona da Ulla, tripón doce na zona de Sober, buchelo na montaña oriental de Lugo e mestura galega en Lugo. Noutros sitios é denominado budín de miolo, morcilla doce, cando se fai no intestino groso en vez do calleiro, ou buxo na vexiga, como é mencionado por Álvaro Cunqueiro en La cocina gallega, ou simplemente vexiga, enchido ou tripón.Unha ducia de doces de Entroido, Carmela S. Arines, Praza.galNalgunhas fontes antigas tamén se usa a denominación bincha, pero o Gran Dicionario Xerais da Lingua indica que é unha forma incorrecta de vincha.

Características O calleiro é moi semellante a un pudin de pan.Bandullo: receta de pudin de pan típico de Galicia en carnaval Os seus ingredientes básicos son: o leite, o pan seco, o azucre e os ovos. A estes ingredientes básicos engádense unha gran variedade de elementos. En moitas zonas bótanselle pasas, améndoas, figos pasos, castañas cocidas, mazá, noces, manteiga, pingo, pexegos pasos ou piñóns, pero en cada unha delas, ou incluso en cada casa, engádense outros aromatizantes como nébeda, caldo de ósos, canela, cravo, noz moscada, mel, comiño, anís, licores (augardente, anís, coñac, Xerez ou ron), cebola ou reladura de limón.Vincha de CerdedoCalleiro, na páxina web Sabe que alimenta.Aquí la Tierra- ¿Que es un calleiro?, 26 de novembro de 2015, TVE.

Nalgunhas zonas é unha sobremesa típica do entroido.VINCHAS, BANDULLOS... Y CALLEIROSEl pudin gallego: bandullo o vincha

Elaboración Córtase o pan duro en anacos e móllase no leite morno para que ablande. Desfaise todo o posible cun garfo ata que se faga unha especie de masa. Logo hai que engadir a manteiga derretida, o azucre, o sal e as especias que se queiran achegar, despois reméxese ben todo. Engádense os ovos batidos e mestúranse tamén coa masa. Despois hai que engadir a fariña e remexer de novo procurando que quede a masa ben homoxénea. Poden engadirse tamén o resto de ingredientes para dar o sabor característico de cada lugar, mesturándoos ben coa masa.

Prepárase un molde untado con manteiga e fariña, nalgúns sitios faise con caramelo, e bótase a masa nel. Logo cócese no forno.

Etnografía O Pedro Peres e máis o bandullo, / fan unha festa no cabo do mundo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Orellas Filloa Follas de limón Ligazóns externas Vincha de Cerdedo La Festa da Vincha de Cerdedo celebra sus 10 años de historia con una concurrida edición, Ana Cela, Cerdedo, 15·02·2010

Categoría:Sobremesas e doces de Galicia Categoría:Gastronomía do Entroido