O Museo da Policía (en finés Poliisimuseo) é un museo situado no barrio de Hervanta, na cidade de Tampere, Finlandia. Creado en 2004, dende 2008 conta coas súas propias instalacións, nas que recibe en torno a 30 000 visitantes anuais aproximadamente.
Historia O museo naceu en 2004 en conexión coa Escola Nacional de Policía de Tampere e inicialmente a súa colección exhibiuse no Museokeskus Vapriikki un ano despois ao non contar coas súas propias instalacións, que foron construídas en 2008 e abertas ao público en setembro dese mesmo ano.
En 2019 o Museo do Crime integrouse no Museo da Policía, se ben a maior parte da colección do Museo do Crime continúa nas instalacións da Policía Criminal Central en Vantaa, pero non accesibles ao público xeral.
Colección A colección do museo inclúe en torno a 15 000 obxectos, 100 000 fotografías, 2 600 libros e 2 600 películas ou contidos multimedia. De entre todos estes fondos, a exposición permanente ten exhibidos 340.
No museo poden verse uniformes, armas, vehículos, documentos...
Exhibición e actividades O museo conta cunha exposición principal permanente e tamén acolle outras exposicións temporais.
Existe unha sección adicada ao público máis pequeno para que as nenas e nenos poidan xogar con diferentes xogos relacionados coa actividade policial. O museo conta tamén con xogos de resolución de casos, entre outros, e conta con proxeccións de filmes, principalmente en finés.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do museo
Categoría:Museos de Tampere