As eleccións xerais de Suráfrica de 2009 realizáronse o mércores 22 de abril de dito ano para escoller os membros de ambas cámaras do vixésimo quinto Parlamento de Suráfrica, en concordancia coas eleccións provinciais. Renováronse os 400 escanos da cámara baixa, a Asemblea Nacional e os 430 membros das nove lexislaturas provinciais, que á súa vez designarían os 90 escanos do Consello Nacional das Provincias, a cámara alta. Tras a renuncia de Thabo Mbeki en setembro de 2008, Kgalema Motlanthe, do Congreso Nacional Africano (ANC), ocupou o cargo de Presidente de Suráfrica. Mais Kgalema Motlanthe non se presentou á reelección para un mandato completo e o candidato oficialista foi Jacob Zuma, presidente do partido desde decembro de 2007. Foron os cuartos comicios desde a instauración do sufraxio universal, é dicir, as cuartas eleccións desde a fin do apartheid.

Nestas eleccións o ANC obtivo outra previsible e esmagadora vitoria, cunha proporción de voto lixeiramente superior a 2004, pero unha porcentaxe inferior, do 65.90%, con respecto ao 69.69% das eleccións anteriores. Ademais, perdeu a maioría cualificada dos dous terzos coa que contaba antes, con 264 asentos, e quedou a tres escanos de renovala. O segundo partido máis votado e a oposición oficial, Alianza Democrática (DA), obtivo o 16.66% dos votos, e 67 escanos. En terceiro lugar, unha nova formación, escindida do ANC, o Congreso do Pobo (COPE), liderada por Mosiuoa Lekota, obtivo o 7.42% e 30 escanos no seu primeiro desafío electoral. Polo contrario, o Partido da Liberdade Inkatha (IFP) experimentou unha devastadora caída, logo de ter ostentado durante década e media o terceiro lugar en todas as eleccións celebradas até entón, pois foi desprazado ao cuarto posto con menos dun millón de votos e só un 4.55% do escrutinio e 18 escanos. Con este resultado, Zuma foi investido como Presidente de Suráfrica pola Asemblea Nacional o 6 de maio con 277 deputados votando por el e 47 por Mvume Dandala, de COPE, mentres que gran parte dos partidos opositores, incluíndo DA, decidiron absterse.

No plano provincial, Alianza Democrática tomou o control da lexislatura de Cabo Occidental, coa súa líder Helen Zille, sendo elixida premier da provincia. Foi a primeira vez despois de sete anos que o ANC perdía unha elección en calquera das provincias. O oficialismo mantivo, con todo, o control sobre o resto das lexislaturas provinciais.

O Tribunal Superior de Gauteng do Norte ditaminou o 9 de febreiro de 2009 que os cidadáns surafricanos que viven no estranxeiro deberían poder votar nas eleccións. A sentenza foi confirmada polo Tribunal Constitucional o 12 de marzo de 2009, cando decidiu que os votantes estranxeiros que xa estaban rexistrados poderían votar.Votantes rexistrados no estranxeiro poden votar en Suráfrica - People's Daily Online Ademais, aos votantes rexistrados que se encontraron fóra dos seus distritos de votación o día das eleccións permitíuselles votar a favor da votación nacional en calquera mesa de votación en Suráfrica. Nas seguintes eleccións, finalmente incorporaríase o voto postal.

Principais partidos políticos Oficialismo: ANC O Congreso Nacional Africano (ANC), fundado en 1912, accedeu ao poder como consecuencia da fin do réxime do apartheid. Desde a súa contundente vitoria nas primeiras eleccións libres do país, en 1994, o ANC gozou dunha ampla maioría absoluta no Parlamento. No 2004 a súa dominación acadou o seu máximo apoxeo cando obtivo máis dos dous terzos dos escanos, que autorizaba ao partido a modificar a constitución unilateralmente. O presidente Thabo Mbeki, reelixido nestes comicios, entregou a dirección do partido a Jacob Zuma o 18 de decembro de 2007.(Declaración de Prensa: Resultados das eleccións para cargos do ANC, 19 de decembro de 2007) Despois, en 2008 o xuízo de corrupción en curso de Zuma en relación cun acordo multimillonario de armas Rand foi desestimado polos tribunais, que insinuaron que Mbeki influíra indebidamente na investigación de Zuma. Á luz dos feitos achados polo tribunal, o Comité Executivo Nacional do ANC solicitoulle a Mbeki que renunciara como presidente do país, o que fixo efectivamente o 20 de setembro de 2008, converténdose no primeiro presidente da era posterior do apartheid en non rematar o seu mandato constitucional, e o primeiro mandatario surafricano en renunciar desde 1989.Roherty, James Michael (1992). State security in South Africa: civil-military relations under P.W. Botha. M.E. Sharpe. p. 23. .

Mbeki foi substituído por Kgalema Motlanthe, que fora elixido como vicepresidente do ANC na conferencia de 2007. Motlanthe non era o candidato presidencial do ANC para as eleccións xerais de 2009, senón o presidente do ANC, Jacob Zuma.http://www.anc.org.za/show.php?doc=./ancdocs/pr/2008/pr0108.html Declaración do Comité Executivo Nacional do ANC, 8 de xaneiro de 2008]: O Comité Executivo Nacional do ANC anunciou que "o presidente do ANC encabezará a campaña electoral de ANC como candidato da organización para presidente de Suráfrica nas eleccións de 2009." A lista electoral do ANC foi encabezada por Zuma, seguido por Motlanthe; o vicepresidente de Suráfrica Baleka Mbete; o Ministro de Finanzas Trevor Manuel; e Winnie Mandela, exesposa de Nelson Mandela.Winnie prepárase para un sorpresivo retorno á política do ANC O retiro de Mbeki, entre outras cousas, creou tensións severas e divisións dentro do partido, e eventualmente conduciu á formación do Congreso do Pobo (COPE), un novo partido político formado por antigos membros do ANC. Con todo, as enquisas daban ao ANC un indiscutido primeiro lugar, con entre o 60 e o 70% dos votos, e incluso na súa estimación máis baixa, que era do 47%, seguía sendo o partido máis votado.Perry, Alex. "Eleccións Surafricanas: Por que son importantes ." TIME. 21 de abril de 2009. . Consultado o 21 de abril de 2009.

Oposición oficial: DA En maio de 2007, a exalcaldesa de Cidade do Cabo Helen Zille derrotou a Tony Leon nas eleccións internas do partido, converténdose na súa nova presidenta. Dada a situación de Suráfrica como un goberno de partido dominante, a DA manifestou un enfoque desproporcionado na provincia de Cabo Occidental desde o comezo da súa campaña, pois o partido identificara a provincia como "ganable". O 14 de febreiro de 2009 lanzou o seu manifesto, baixo o lema de campaña "Vote to Win" (en galego: Vota para ganar). Varios analistas suxeriron que DA tomaría exitosamente o control de Cabo Occidental. Mentres que as enquisas mostraban a diminución de apoio do ANC tras a escisión de COPE, a DA gañou algunhas eleccións parciais celebradas poico antes dos comicios. Non obstante esperábase que DA obtivera maioría simple, e non a maioría absoluta que acabou conseguindo. O partido anunciou que a súa proxección sería ganar en Cabo Occidental, obter municipios importantes nas eleccións locais de 2011, e deste xeito asegurar o partido a nivel nacional.

As relaciones entre DA e o partido separado do ANC, COPE, comezaron sendo amigables. O seu líder, Mosiuoa Lekota, manifestou a súa vontade de cooperar con Zille no futuro. Mais posteriormente, Zille criticou a estrutura interna de COPE, afirmando que moitos dos seus novos membros eran partidarios de Mbeki que buscaban resucitar as súas carreiras políticas defuntas.

Nas últimas etapas previas á elección, DA lanzou unha nova campaña "Stop Zuma", a cal foi obxecto de numerosas críticas por parte de analistas políticos, que a describiron como unha "campaña negativa". Zille replicou ante estas críticas que "negativo é entregarlle a Zuma e a s súa cerrada rede de amigos o dereito a cambiar unilateralmente a constitución", xa que segundo ela abusarían dese dereito tanto para enriquecerse como para protexerse a si mesmos de calquera repercusión legal. Máis tarde declarou que o crecemento de votos do seu partido e a perda de escanos do ANC debeuse en grande medida á campaña "Stop Zuma".South Africa 'doomed under Zuma' BBC, 18 de abril de 2009

Campaña A campaña da oposición centrouse case enteiramente en combater a crecente corrupción política. O ANC recibiu fortes críticas por cargos de corrupción contra Zuma, quen fora acusado de aceptar subornos dunha compañía de armas francesa. Os fiscais estatais retiraron os cargos en abril, dúas semanas antes das eleccións. Tanto DA como COPE declararon que lograrían restablecer as causas xudiciais contra Zuma se algún dos dous gañaba as eleccións. DA comprometeuse a executar un goberno "limpo". Acusou a Zuma de ter "intimidado" os fiscais do Estado para que retiraran os cargos de corrupción e presentou unha demanda legal contra a decisión. Prometeu crear máis empregos, proporcionar unha mellor educación e enfrontar o crime organizado. Lekota, o líder de COPE, afirmou que o ANC traizoara o "soño dos líderes da loita contra o apartheid". O COPE prometeu loitar contra o crime mediante a introdución dunha política de "tres strikes", segundo a cal os delincuentes profesionais serían encarcerados a perpetuidade por delitos reiterados de violación, roubo ou asasinato. Aínda que se informou que COPE tivo problemas para levar a cabo unha campaña electoral efectiva, a súa aparición foi vista desde o momento da súa creación como un cambio no panorama político do país.

A presidenta de DA, Helen Zille exhortou aos votantes a pór fin ao dominio hexemónico do ANC sobre a política surafricana, afirmando que, se non existía un contrapeso coherente para o oficialismo, Suráfrica corría o risco de converterse nun "estado falido e unipartidista".<ref name=Post> Predicted ANC Win Has Some Asking: Is South Africa Becoming a One-Party State?, The Washington Post, 22 de abril de 2009 </ref> Zille estableceu varias comparacións entre o ANC e ZANU-PF, partido gobernante en Zimbabwe desde 1980, declarando que o partido gobernamental, baixo o liderado de Zuma, estaba sendo sometido a unha "zanuficación". O candidato presidencial de COPE, Mvume Dandala, reafirmou esta teoría, declarando que os líderes africanos que permaneceron moito tempo no seu cargo "convertéranse virtualmente en ditadores". O IFP afirmou que apoiaría calquera medida para loitar contra a corrupción.

O ANC fixo campaña citando o desenvolvemento económico durante o seu longo mandato e o apoio aos pobres en forma de vivenda, auga e electricidade. Zuma prometeu mellorar a educación a fin de reducir a alta taxa de analfabetismo. Informe de Inter-Parliamentary Union, 2009 O partido publicou un anuncio de televisión por primeira vez, mostrando a imaxe do seu antigo líder, o expresidente Nelson Mandela, sendo liberado da prisión en 1989. Mandela fixo unha aparición excepcional nunha concentración de ANC e restaurou en grande medida o apoio popular ao partido. Durante dita concentración, Mandela rexeitou a teoría da "zanuficación" do seu partido, e declarou: "non hai nada na constitución que diga que unha maioría masiva para o partido gobernante é mala para a democracia, especialmente un partido que ten un historial tan longo de defensa das garantías constitucionais como o ANC!".

Boicot electoral Varias comunidades, organizacións, movementos sociais e personalidades coñecidas ameazaron con non votar nas eleccións de 2009.*

A personalidade máis coñecida foi o Arcebispo Desmond Tutu, quen ao principio dixo que non votaría, pero logo cambiou de opinión.* A Alianza de Pobres de Suráfrica, o Foro Anti Privatización, NOPE e o sindicato de traballadores agrícolas independentes Sikhula Sonke resolveron boicotear as eleccións baixo o lema "Non hai terra! Non hai casa! Non hai voto!".*

Resultados