John M. Mercanti, nado o 27 de abril de 1943 en Filadelfia, Pensilvania, é un escultor e deseñador e gravador de moeda estadounidense, que ocupou ata 2010 o posto de gravador xefe da Casa da Moeda dos Estados Unidos."John M. Mercanti". USA Coin Book."Men at the Mint: John Mercanti ". Certified Coin Consultans Inc."John M. Mercanti. Engraver, sculptor". Prabook.com
A marca de gravador que estampa nas súas moedas e medallas é JM.
Traxectoria Na súa xuventude, Mercanti estudou en Filadelfia, a súa cidade natal, na Pennsylvania Academy of Fine Arts, na Universidade das Artes e na Fleisher Art Memorial School."John Mercanti". askART. Por outra parte, serviu tamén na Garda Nacional en Pensilvania durante seis anos.
En 1974, Mercanti ingresou na US Mint como escultor-gravador axudante, no equipo dirixido por Frank Gasparro, e posteriormente traballou tamén como ilustrador."Money maker. John Mercanti 63, Senior Engraver, U.S. Mint, Philadelphia ". CNN Money. 19 de xaneiro de 2007. O 19 de maio de 2006 foi nomeado "supervisor de deseño e mestre especialista en desenvolvemento de ferramentas", un posto equivalente ao anteriormente denominado "gravador xefe"."John Mercanti elevated to head of U. S. Mint Engraving Department". En The E-Sylum. Vol. 9. Nº 22. 28 de maio de 2006. Esta situación mantívose ata o 3 de febreiro de 2009, cando o director da casa da moeda, Edward C. Moy, restableceu a denominación clásica do cargo e nomeou formalmente a John Mercanti como "gravador xefe"."John Mercanti". USA Coin Book."Mercanti named 12th Chief Engraver of the U.S. Mint". En The E-Sylum. Vol. 12. Nº 10. 8 de marzo de 2009.
Logo do seu retiro en 2010 como gravador xefe da US Mint, en xuño de 2011 Mercanti integrouse como voceiro e imaxe pública da compañía Goldline International."Goldline International Introduces Retired U.S. Mint Chief Engraver as Spokesperson". Business Wire. 28 de xuño de 2011. Tamén colabora profesionalmente con Professional Coin Grading Service (PCGS)."CoinWeek Coin Designer’s Profile: John M. Mercanti". En Coin Week. 18 de maio de 2015."John M. Mercanti Agrees to Exclusive NGC Signature Label Deal". Numismatic Guaranty Corporation. 14 de decembro de 2015.
Recoñecementos John Mercanti foi recoñecido en 2021 co Premio á Arte Numismática pola Excelencia na Escultura da Medalla, outorgado pola American Numismatic Association (ANA). A mesma entidade premiárao xa en 2001 co galardón ao Escultor do Ano.
En 2017, o Distrito Histórico de Rittenhouse, en Filadelfia, concedeulle o premio David Rittenhouse."2017 David Rittenhouse Award to honor John Mercanti, 12th chief engraver/sculptor of the Mint ". En Coin Update. 23 de febreiro de 2017.
Obra artística Ao longo da súa carreira na US Mint, Mercanti foi o responsable do deseño e do gravado de máis dun cento de moedas, máis que calquera outro gravador na historia da ceca estadounidense. Entre os seus traballos máis significativos destacan as moedas de prata e de platino das series Silver Eagle e Platinum Eagle. Tamén é o autor de varias das moedas circulantes de cuarto dólar dedicadas a cada un dos estados dos EEUU, pertencentes á serie 50 State Quarters Program (en concreto as dos estados de Arcansas, Iowa, Carolina do Norte, Pensilvania e Virxinia Occidental)."50 State Quarters Program". USA Coin Book.
Paralelamente, Mercanti é autor de varias series de moedas conmemorativas emitidas por Australia e cuñadas na Casa da Moeda de Perth."John Mercanti’s Wedge Tailed Eagle bullion series for the Perth Mint returns with a sixth new design". Ag/au News.
Escolma de traballos de John Mercanti
Publicacións (2012). American silver eagles. A guide to the U.S. bullion coin program (con M. Standish). Whitman, Atlanta. ISBN 9780794837259 (2014). Morgan Dollar. Legendary coins and the making of the modern market: featuring the coins of the Coronet Collection. Whitman, Atlanta. ISBN 9780794842772
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Gravador xefe da Casa da Moeda dos Estados Unidos
Categoría:Nados en Filadelfia, Pensilvania Categoría:Nados en 1943 Categoría:Gravadores da Casa da Moeda dos Estados Unidos Categoría:Escultores dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade das Artes (Filadelfia) Categoría:Alumnos da Pennsylvania Academy of the Fine Arts Categoría:Estadounidenses de ascendencia italiana