Salvinia auriculata é unha especie de pteridófita (fentos ou fieitos) da clase das polipodiópsidas, orde das salviniales e familia das salviniáceas, unha das dez comprendidos no xénero Salvinia.Salvinia auriculata Aubl. en World Flora Online. Consultado o 13 de abril de 2021.

Orixinaria de América, onde se encontra desde México até o sur da Arxentina e Chile. Cultívase como planta ornamental, e naturalizouse en estado salvaxe nalgúns lugares.Salvinia auriculata Aubl. en U.S. National Plant Germplasm System. Consultado o 13 de abril de 2021.

Esta especie é difícil de distinguir doutras do xénero Salvinia.Salvinia auriculata en California Department of Food & Agriculture. Consultado o 13 de abril de 2021. Por outro lado varía de tamaño dependendo da abundancia doutras plantas que convivan con ela.Coelho, F. F. et al. (2000): "Density-dependent morphological plasticity in Salvinia auriculata Aublet". Aquatic Botany 66 (4): 273-280.

Como outras salviniáceas é unha planta invasora. Infestou o río Zambeze en 1949.Hattingh, E. R. (1961): "Problem of Salvinia auriculata Aubl. and associated aquatic weeds on Kariba Lake". Weed Research 1 (4) 303-306. Tamén se considera invasora en Nova Caledonia.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1775 polo farmacéutico, botánico e explorador francés Jean Baptiste Christophore Fusée-Aublet.Salvinia auriculata Aubl. no IPNI. Consultado o 13 de abril de 2021.Salvinia auriculata Aubl. no GBIF. Consultado o 13 de abril de 2021.

Etimoloxía Para a do xénero, véxase Salvinia.

O epíteto específico, auriculata, é o feminino do nominativo do axectivo do latín científico auiriculātus, -a, -um, derivado do latín clásico auris, -is. "orella". Literalmente, "a que ten orellas".

Sinónimos Ademais do protónimo cuñado por Fusée-Aublet, a especie coñeceuse tamén polo sinónimos:Salvinia auriculata Aubl. en World Plants. Consultado o 13 de abril de 2021. Marsilea auriculata (Aubl.) Vitman Marsilea natans Vell. Salvinia affinis Desv. Salvinia hispida Kunth Salvinia olfersiana Klotzsch ex Britton

Salvinia rotundifolia Willd.

Variedades Dentro da especie distínguense as seguintes variedades: Salvinia auriculata var. auriculata Aubl. Salvinia auriculata var. major C.V.Miranda & Schwartsb. Salvinia auriculata var. olfersiana Baker Salvinia auriculata var. sprucei Baker ex Kuhn

Características Rizoma con estela en forma de "U" en corte trans­versal; a lámina das follas (frondes) flotantes é de orbicular a orbicu­lar-cordada, de até 3 cm de diámetro, cunha fen­dedura en ambos os extremos, e presentan nu­me­rosas papilas cónicas dispostas en fileiras entre os nervios; as papilas xeralmente con de 2 a 4 tricomas soldados no seu extremo distal formando un "nó" escuro. Os esporocarpos, pedicula­dos sobre os eixes varias veces ramificados, son globosos, e non marcadamente apicu­lados.

Hábitat e distribución É un fieito flotante que vive en ríos, lagos e lagoas, de distrinucón americana, encontrándose en México, as illas Bermudas, A Española, Cuba, Porto Rico, as Antillas Menores, as Galápagos, Trinidad, Centroamérica e, en Suramérica, en Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Ecuador, Güiana, Güiana Francesa, Perú, Suriname, Uruguai e Venezuela.

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Fusée-Aublet, J. B. C. (1775): "III Algæ. Salvinia. En: [https://www.biodiversitylibrary.org/page/361944#page/2/mode/1upHistoire des Plantes de la Guiane Françoise... Tome Premier]. Baker, J. G. (1886): "A synopsis of the Rhizocarpeæ". Journal of Botany, British and Foreign 24: 98. Pott, Vali Joana & Pott, Arnildo (2000): Plantas aquáticas do Pantanal. Brasilia: Embrapa. ISBN 85-7383-091-3.

Outros artigos Salviniales Salvinia''

Ligazóns externas Salvinia auriculata (giant salvinia) en Invasive Species Compendium .

Categoría:Fentos Categoría:Plantas acuáticas Categoría:Plantas invasoras Categoría:Plantas descritas en 1775 Categoría:Salviniales