A cebra común (Equus quagga, anteriormente Equus burchellii), é a máis común e estendida das especies de cebras. A súa área de distribución está fragmentada, mais abrangue a maioría do sur e o leste de África ó sur do Sáhara. Recoñecéronse seis ou sete subespecies, incluíndo a extinta quagga a cal durante un tempo foi considerada unha especie diferente. Porén, as investigacións recentes apoian que era unha poboación de cebra ou variación clinal máis que unha subespecie.

Notas

Categoría:Mamíferos de África Categoría:Símbolos de Botswana Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Equus