A lingua minica (mɨnɨka) é unha das tres linguas indíxenas da familia witoto. É falada por uns poucos milleiros de persoas no suroeste de Colombia.Ethnologue report for language code:hto O minica está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

É falada na área superior do río Igara-Paraná, ó longo do río Caquetá e na illa de los Monos, así como no río Caguán preto de San Vicente del Caguán. En Colombia, o 75% deles están alfabetizados e o 85% están alfabetizados en castelán; a maioría dos falantes son bilingües. Existe un dicionario e unhas normas gramaticais.

Só hai 5 falantes no Perú, onde ten unha consideración de oficial dentro da súa comunidade.

Notas

Categoría:Linguas witoto Categoría:Linguas do Perú Categoría:Linguas de Colombia