O Museo Lenin é un museo da cidade de Tampere, Finlandia. Trátase do único museo de occidente adicado á figura do revolucionario ruso Vladimir Lenin.
Está situado na Casa dos Traballadores de Tampere, onde en 1905 Lenin e Stalin reuníronse por primeira vez con motivo dunha conferencia do Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso. Foi inaugurado o 20 de xaneiro de 1946 para conmemorar a morte de Lenin, e en 2014 foi transferido ao Museo dos Traballadores Werstas, despois do cal foi renovado, reabrindo as súas portas en 2016. O museo está situado na sala onde tivo lugar a reunión entre ambos revolucionarios.
O museo foi galardoado coa Orde da Amizade dos Pobos en 1986 polo consello do Sóviet Supremo da Unión Soviética. Dende a disolución da Unión Soviética, o museo desenvolveu unha visión máis crítica do traballo de Lenin e a Unión Soviética.
Entre os visitantes do museo encóntranse varios altos cargos da Unión Soviética como Nikita Khrushchev, Nikolai Bulganin, ou o primeiro astronauta Iuri Gagarin, o que dá mostra da alta significación política do museo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do museo
Categoría:Museos de Tampere