Patricia S. Cowings, nada no Bronx (Nova York) en 1948 é unha psicóloga aeroespacial. Foi a primeira muller estadounidense formada como astronauta científica pola NASA; aínda que foi suplente para un voo espacial en 1979, non viaxou ao espazo. É moi coñecida polos seus estudos sobre a fisioloxía dos astronautas no espazo exterior, así como por axudar a atopar curas para o mareo dos astronautas.

Traxectoria Cowings era a única filla de Sadie B. e Albert S. Cowings. Sadie era profesora de preescolar. Albert era propietario dunha tenda de comestibles. Tivo outros tres irmáns que chegaron a ser un xeral de dúas estrelas do exército, un músico de jazz e un xornalista independente. Os seus pais facían fincapé na educación como "forma de saír do Bronx".

Educación Patricia atopou o seu amor pola ciencia a unha idade temperá. Patricia dedicouse á danza africana e ao step e licenciouse en artes. A psicoloxía e máis tarde a psicofisiología mostráronlle como mellorar o potencial humano. A esta vocación contribuíu a súa tía psicóloga, á que consideraba unha profunda inspiración por obter un doutoramento. A asistencia a unha clase de enxeñería na escola de posgrao, na que participou no deseño dun transbordador espacial, animouna a traballar no campo da tecnoloxía espacial.

Carreira miniatura|Patricia Cowings, investigadora en psicoloxía na División Biomedica do Centro Investigador de Ames Realizou a maior parte das súas investigacións no Centro de Investigación Ames da NASA. Alí desenvolveu e patentou un sistema de adestramento fisiolóxico chamado Autogenic- Feedback Training Exercise ( AFTE), que permite ás persoas aprender o autocontrol voluntario de ata 24 respostas corporais en seis horas. O seu traballo probouse por primeira vez en 1985 para o Spacelab-3 ( STS 51- b e STS 51 c) e a primeira misión do transbordador do Departamento de Defensa. Tamén probou o seu método de adestramento AFTE na misión Space J-Lab (a primeira misión xaponesa do transbordador), centrándose o seu traballo na eliminación do mareo do astronauta. Mae Jemison e o astronauta xaponés Mamoru Mohri foron adestrados co método AFTE. Máis tarde, adestrou a catro cosmonautas para controlar tanto o mareo como a presión arterial baixa tras seis meses no espazo a bordo da estación espacial MIR. Atopou o éxito cos seus métodos de biorretroalimentación, e continuou ensinando á xente para controlar o mareo por movemento, a mellorar o rendemento dos pilotos de procura e rescate, e a reducir os síntomas de varias poboacións de pacientes que sofren náuseas, mareos e desmaios. Colaborou na redacción de varias publicacións co seu marido, o Dr. William B. Toscano. Teñen un fillo, que viaxou con eles mentres adestraban ás tripulacións espaciais.

Na actualidade, segue traballando para axudar a previr o mareo dos astronautas no espazo, así como para axudar a controlar o mareo no seu regreso a casa. É a investigadora principal dos Laboratorios de Investigación Psicofisiolóxica do Centro de Investigación Ames da NASA, e foi profesora adxunta de Psiquiatría na UCLA e de psicoloxía médica e clínica na universidade dos servizos uniformados. ( ARC).

Premios e honras Ao longo da súa traxectoria gañou varios premios, incluíndo: Candace Award, National Coalition of 100 Black Women (1989) NASA Individual Achievement Award (1993) Black Engineer of the Year Award (1997) AMES Honor Award for Technology Development (1999) NASA Space Act Award for Invention (2002) National Women of Color Technology Award (2006) NASA Space Act Board Award (2008) Ames African American Advisory Group's (AAAG) Achievement Award (2010) Celestial Torch Award from the National Society of Black Engineers (NSBE) in Los Angeles (2014)

Notas

Véxase tamén Bibliografía Zinthia Palomino e Nina Sefcik (2019). Mujeres negras en la ciencia. Editorial: Mujeres negras que cambiaron el Mundo. ISBN: 978-84-09-08025-0

Outros artigos Mulleres na NASA

Categoría:Persoal da NASA Categoría:Nados en 1948 Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América