Miren Edurne Portela Camiño, nada en Santurtzi (Biscaia) en 1974, é unha historiadora, filóloga, docente universitaria, ensaísta e novelista vasca en lingua española.

Traxectoria Licenciada en Historia pola Universidade de Navarra (1997), ampliou estudos nos Estados Unidos de América, país no que tamén desenvolveu a súa carreira profesional como profesora e investigadora. Cursou unha mestría en Literaturas Hispánicas (1999) e un doutoramento en Literatura Española e Latinoamericana (2003), ambos na Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill (Carolina do Norte), sendo profesora asociada (1999-2001) desta.

En 2003 trasladouse á College of Arts and Sciences da Universidade de Lehigh (Pensilvania), onde ao longo de trece anos compaxinou o seu traballo de docencia, como profesora asociada (2003-2008), coa xestión académica na dirección do Humanities Center (Centro de Humanidades) (2008-2014) e de Iniciativas Internacionais (2013-2014) do College of Arts and Sciences.

En 2010 cofundou a Asociación Internacional de Literatura y Cine Españoles Siglo XXI (ALCESXXI), sendo vicepresidenta (2010-2016) e membro do consello editorial da Revista de ALCES XXI.

En 2016 finalizou a súa carreira académica nos Estados Unidos e regresou a España, con obxecto de dedicarse por completo á escritura, mediante a publicación de obras de ensaio e novela e a colaboración en medios de comunicación impresos e dixitais, como La Marea, El Correo, El País, RNE e a Cadena SER.

En 2018 recibiu o premio Mellor Libro de Ficción pola súa obra Mejor la ausencia, outorgado polo Gremio de Librerías de Madrid na súa 18ª edición.

Tanto na súa obra como novelista como nos seus ensaios, Edurne Portela aborda e investiga a temática da violencia en diferentes vertentes, desde a violencia vivida na sociedade vasca durante o auxe de ETA (El Eco de los Disparos) á violencia cotiá das relacións tóxicas (Formas de estar lejos).

Obra Ensaio . Displaced Memories: The Poetics of Trauma in Argentine Women Writers. Lewisburg (Pensilvania): Bucknell University Press, 2009. . . El eco de los disparos: cultura y memoria de la violencia. Barcelona: Galaxia Gutenberg SL, 2016. ; .

Novela . Mejor la ausencia. Barcelona: Galaxia Gutenberg SL, 2017. ; . . Formas de estar lejos. Barcelona: Galaxia Gutenberg SL, 2019. ; . . Los ojos cerrados. Barcelona: Galaxia Gutenberg SL, 2021. .

Artigos científicos . «Hijos del Silencio: Intertextualidad, paratextualidad y postmemoria en La voz dormida de Dulce Chacón». En: Revista de Estudios Hispánicos, 2007, vol. 41, pp. 51-71. . «Writing (in) Prison: The Discourse of Confinement in Lidia Falcón’s En el infierno». En: Arizona Journal of Hispanic Cultural Studies, 2007, vol. 11, pp. 121-136. . «Cicatrices del trauma: cuerpo, exilio y memoria en Una sola muerte numerosa de Nora Strejilevich». En: Revista Iberoamericana, ene.-mar. 2008, vol. 74, n. 222, pp. 71-84. . «“Como escritor no me interesa tomar partido”: Felix Bruzzone y la memoria anti-militante». En: A Contracorriente. Una Revista de Historia Social y Literatura de América Latina, pri. 2010, vol. 7, n. 3, pp. 168-184. . «El espectro y la memoria en Cielos de barro de Dulce Chacón». En: Anales de Literatura Española Contemporánea, 2011, vol. 36, n. 1, pp. 187-207. . «Despertar del letargo: Literatura vasca contra la indiferencia y el silencio». En: Revista de Estudios Hispánicos, 2013, vol. 47, n. 3, pp. 417-442.

Notas

Véxase tamén Bibliografía . «Putting More Humanity into Humanties. Humanities Center Director Edurne Portela Has Made the Center a Model Forum/Laboratory for Interdisciplinary Projects». En: Acumen. The Magazine of Lehigh University's College of Arts and Sciences, oto. 2013, pp. 18-19.

Ligazóns externas Páxina web de Edurne Portela . Edurne Portela en TEDxVitoriaGasteiz: Los fantasmas que nos acompañan. .

Categoría:Nados en 1974  Categoría:Nados en Santurtzi Categoría:Alumnos da Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill Categoría:Alumnos da Universidade de Navarra Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores do País Vasco