Joseph F. Menna, nado o 17 de marzo de 1970 en Gloucester, Nova Jersey, é un escultor e deseñador e gravador de moedas e medallas estadounidense, que ocupa o posto de gravador xefe da Casa da Moeda dos Estados Unidos desde febreiro de 2019.Smith, P. (2012).

Como escultor desenvolve o seu traballo tanto en formatos tradicionais como en medios dixitais.

A marca de gravador que estampa nas moedas e medallas da súa responsabilidade é JM.

Traxectoria Logo de cursar a educación secundaria na Highland Regional High School, na súa localidade natalMucha, P. (2014). , Menna cursou os seus estudos artísticos na Universidade das Artes, en Filadelfia, onde se graduou en 1992. En 1994 acadou o grao de mestrado na Academia de Arte de Nova York, e posteriormente completou a súa formación artística na Academia de Arte e Industria Stieglitz, en San Petersburgo,Golino, L. (2019). na Liga de Estudantes de Arte, en Nova York, e no Centro de Escultura de Manhattan, na mesma cidade."Joseph Menna. Chief Engraver". United States Mint."New Chief Engraver at United States Mint". En Coins Weekly. 6 de marzo de 2019.

En 2005, Menna ingresou na Casa da Moeda dos Estados Unidos como gravador medallista, e cinco anos despois gravou unha das súas obras máis populares: o reverso da nova moeda dun centavo posta en circulación ese mesmo ano, sobre un deseño de Lyndall Bass. A moeda amosa no seu campo as iniciais de ambos os autores: LB e JFM."1 Cent "Lincoln Cent - Shield Reverse"". Numista.com

En febreiro de 2019, Menna foi nomeado gravador xefe da Casa da Moeda dos Estados Unidos, un posto que estaba vacante desde o retiro de John Mercanti en 2010.

Con anterioridade á súa vinculación á US Mint, Menna traballara como escultor e como docente nun obradoiro de fundición artística en Nova York, e creou figuras de tamaño natural e desenvolveu proxectos dixitais para diferentes compañías, como DC Comics, Fisher-Price ou Hasbro, entre outras. Entre as súas esculturas destaca unha elaborada en cuproníquel, de máis de 9 metros de altura para a estación de ferrocarril de Hamilton, en Nova Jersey.

Varias das súas obras foron galardoadas co Premio Moeda do Ano, outorgado pola editora Krause Publications. Ademais da súa dedicación á Casa da Moeda dos Estados Unidos, Joseph Menna mantén a súa actividade independente como deseñador de xoguetes e obxectos coleccionables, e está recoñecido como un dos principais representantes mundiais da escultura dixital."No Ordinary Joe: Joseph Menna, Medallic Sculptor ". United States Mint. Neste ámbito destaca a súa escultura conceptual dixital para a Estatua da Unidade, situada en Gujarat, na India."American artist Joseph Menna commissioned to make statue of Sardar Vallabhai Patel in Gujarat". En The American Bazar. 14 de abril de 2014.

Mena reside en Bordentown, Nova Jersey, xunto coa súa esposa, Julianna, e os seus tres fillos.

Obra Esta é unha escolma dos traballos máis representativos de Joseph Mena como gravador da US Mint:"Joseph Menna". Numista.com

Medallas do Congreso: Anwar el Sadat, Bob Dole, Shimon Peres. Heroes do 11/S, Dalai Lama etc.

Anversos de moedas circulantes dun dólar da serie presidencial: George Washington,"1 Dollar George Washington". Numista.com Thomas Jefferson,"1 Dollar Thomas Jefferson". Numista.com James Monroe,"1 Dollar James Monroe". Numista.com W. Henry Harrison,"1 Dollar William Henry Harrison". Numista.com Eisenhower,"1 Dollar Dwight D. Eisenhower". Numista.com Ronald Reagan,"1 Dollar Ronald Reagan". Numista.com George W. Bush,"1 Dollar George H. W. Bush". Numista.com etc.

Reversos de moedas de 1/4 dólar dos 50 estados e doutros territorios dos EEUU: Utah,"¼ Dollar "Washington Quarter" Utah". Numista.com Arizona,"¼ Dollar "Washington Quarter" Arizona". Numista.com Porto Rico,"¼ Dollar "Washington Quarter" Puerto Rico". Numista.com Illas Virxes,"¼ Dollar "Washington Quarter" U.S. Virgin Islands". Numista.com etc.

Serie de moedas de 10 dólares de ouro dedicada ás esposas dos presidentes: Martha Washington,"10 Dollars Martha Washington; Bullion Coinage". Numista.com Abigail Adams,"10 Dollars Abigail Adams; Bullion Coinage". Numista.com Louisa Adams,"10 Dollars Louisa Adams; Bullion Coinage". Numista.com Anna Harrison,"10 Dollars Anna Harrison; Bullion Coinage". Numista.com etc.

Galería de traballos de Joseph Menna

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Golino, L. (2019). "The Coin Analyst: Chief Engraver Joseph Menna and the U.S. Mint’s Artistic Future". En Coin Week. 22 de novembro. Mucha, P. (2014). "Carving heroes and villains from virtual clay". En The Philadelphia Inquirer. 18 de marzo. Smith, P. (2012). "Menna, Joseph F.". En American Numismatic Biographies. Páxina 245. "AFi Interview with Sculptor Joseph Menna". Action Figure Insider. 19 de marzo de 2012. "Chief Engraver Joseph Menna". En The E-Sylum. Vol 22. Nº 24. 2019.

Outros artigos Gravador xefe da Casa da Moeda dos Estados Unidos

Ligazóns externas Vídeo: Joe Menna - Sculpting for Toys & Collectibles - Episode 1

Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Nova Jersey Categoría:Gravadores da Casa da Moeda dos Estados Unidos Categoría:Escultores dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade das Artes (Filadelfia) Categoría:Escultores do século XX Categoría:Escultores do século XXI