The Good, the Bad & the Queen foi un supergrupo inglés de art rock composto polo cantante Damon Albarn de Blur e Gorillaz, o baixista Paul Simonon de The Clash, o guitarrista Simon Tong de The Verve, e o batería Tony Allen de Fela Kuti. A banda publicou o seu álbum de estrea, The Good, the Bad & the Queen, no ano 2007. O seu segundo disco, Merrie Land, co-producido con Tony Visconti, apareceu en 2018. No ano 2019, Albarn anunciou que o grupo se disolvía. Allen morreu en 2020.
Historia
Formación e álbum de estrea The Good, the Bad & the Queen comezou como un proxecto en solitario de Damon Albarn con produción de Danger Mouse. Porén, en xullo de 2006 o proxecto convertérase nunha banda co baixista de The Clash Paul Simonon, o guitarrista de The Verve Simon Tong, e o batería de Fela Kuti Tony Allen. Albarn coñecera a Simonon na voda do cantante de The Clash Joe Strummer en 1997, e Tong traballara con Albarn na xira do álbum de Blur Think Tank de 2002, enchendo o espazo que deixara Graham Coxon tras a súa marcha. Allen contactou con Albarn tras escoitar o sinxelo de Blur de 2000 "Music Is My Radar", que fai referencia a el.
The Good, the Bad & the Queen realizou o seu primeiro concerto nun pub en Devon o 20 de outubro, seguido por unha actuación no London Roundhouse o 26 dese mes como parte do BBC Electric Proms. A banda publicou o seu primeiro sinxelo, "Herculean", o 30 de outubro.Uncut (novembro de 2006, pp. 86-88) O 12 de decembro o grupo realizou un concerto secreto para lanzar a súa xira diante de 300 fans no Wilton's Music Hall, Londres.
O 12 de xaneiro de 2007 o grupo lanzou o segundo sinxelo, "Kingdom of Doom", que se converteu no seu primeiro sinxelo en entrar no Top 20. O 2 de abril de 2007 apareceu o seu terceiro sinxelo, "Green Fields", que chegou ao número 51 na súa primeira semana.
The Good, the Bad & the Queen editou o seu álbum autotitulado de estrea o 22 de xaneiro de 2007. Foi votado pola Observer Music Magazine como mellor álbum de 2007. Nese momento, Albarn dixo que The Good The Band And The Queen era o título do álbum e non o da banda, indicando que o grupo non tiña nome. Simonon dixo: "non bautizamos propiamente á banda, porque un nome é para un matrimonio".
Albarn dixo que o grupo "terminara permanentemente" en 2007; porén, reuniuse para actuar no carnaval Love Music Hate Racism en 2008. Tong e Simonon apareceron no seguinte proxecto de Albarn, o álbum de Gorillaz Plastic Beach (2010), e participaron na xira do disco. En novembro de 2011, The Good, the Bad & the Queen realizou un concerto no Coronet Theatre de Londres polo 40 aniversario de Greenpeace, sendo a primeira vez que tocaba en case tres anos. Allen e Tong apareceron na banda sonora de Albarn para a ópera Dr Dee (2012) e Allen colaborou novamente con Albarn no álbum de 2012 Rocket Juice & the Moon.
Reunion e Merrie Land En outubro de 2014 Albarn anunciou que fora composto un novo álbum e que estaba agardando para gravalo. En abril de 2017, nunha nova entrevista con Q, informouse de que aínda se estaba preparando un novo álbum pero que os recentes eventos causaran que o grupo comezase de novo. Albarn dixo a Q que o Brexit "lles dera un marabilloso punto de partida".
Tras un intervalo de sete anos dende que os membros do grupo tocaran por última vez xuntos en 2011, a banda lanzou o tema "Merrie Land" do seu segundo álbum do mesmo nome o 23 de outubro de 2018 coa publicación do seu vídeo musical en YouTube. Posteriormente fixeron a súa primeira aparición pública en sete anos tocando a canción no programa Later…With Jools Holland on30 de outubro de 2018. O 5 de novembro de 2018 interpretaron o segundo sinxelo, "Gun to the Head", no mesmo programa.
O 17 de outubro de 2018 a banda anunciou o seu segundo álbum, Merrie Land, producido por Tony Visconti. Foi editado o 16 de novembro, cando “xurdiron as circunstancias axeitadas", a través do novo selo Studio 13 creado por Albarn. Este álbum foi descrito por Albarn como “unha reticente carta de despedida” respostando ao proceso do Brexit que se estaba a producir e a "unha serie de observacións e reflexións sobre o carácter británico en 2018".
A banda realizou o seu primeiro concerto para este traballo en Tynemouth o 26 de novembro de 2018, sendo o inicio dunha xira de oito datas polo Reino Unido. Despois a banda comezou unha xira europea dende marzo ata agosto de 2019. O 16 de agosto de 2019, no derradeiro concerto da xira de promoción do álbum no Lowland Festival, Albarn díxolle á audiencia: "Este é o noso derradeiro concerto. Despois disto, puf. Feito". Allen morreu en abril de 2020.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloThe Good, the Bad & the Queen2007ParlophoneMerrie Land2018Studio 13
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina da banda
Categoría:Supergrupos Categoría:Grupos musicais de Inglaterra Categoría:Grupos musicais de art rock Categoría:Grupos musicais de folk Categoría:Grupos musicais de dub Categoría:Grupos musicais de reggae Categoría:Grupos musicais formados en 2005