Yvonne Madelaine Brill (de nacemento Claeys), nada en Winnipeg o 30 de decembro de 1924 e finada o 27 de marzo de 2013, foi unha enxeñeira aeroespacial canadense-estadounidense. Durante a súa vida profesional participou en diferentes programas espaciais dos Estados Unidos, incluíndo a NASA e o International Maritime Satellite Organization.QMI AGENCY, "Pioneer Canadian rocket scientist dead at age 88", The Toronto Sun, marzo 27, 2013Invent Now, "HALL OF FAME/ Inventor Profile" , Invent Now, 27 de marzo, 2013
Traxectoria Os seus pais eran inmigrantes belgas. Estudou na Universidade de Manitoba onde foi disuadida de estudar enxeñaría por ser muller, motivo polo que estudou química e matemáticas.Tras graduarse integrouse no proxecto RAND, enfocado no deseño e construción dos primeiros satélites sen tripulación, foi neste momento que comezou a traballar en propulsión.
Vida profesional O traballo de Brill en sistemas de propulsión contribuíu a desenvolvementos significativos. Desenvolveu o concepto para un novo motor de foguete, un sistema de propulsión con hidracina que mantén a un satélite nunha órbita xeoestacionaria fixa durante máis tempo que outros métodos e cunha carga útil maior. É o sistema de propulsión que empregan os satélites de comunicacións para manterse en órbita.United States Patent and Trademark Office, "Yvonne C. Brill, RCA Astro Electronics", United States Patent and Trademark Office, Accessed 30 de marzo, 2013.
Tamén estivo involucrada no sistema de propulsión de TIROS (Television Infrared Observation Satellite) o primeiro satélite meteorolóxico.
Foi xerente de propulsión da nave espacial NOVA, un satélite que proporcionaba numerosos datos para a Mariña, e no que logrou implementar un sistema de propulsión de plasma de pulso, algo moi pouco común nese entón.
Brill faleceu por complicacións do seu cancro de peito en Princeton, New Xersei, o 27 de marzo de 2013.Martin, Douglas. "Yvonne Brill, a Pioneering Rocket Scientist, Dies at 88", The New York Times, marzo 31, 2013. Premios e recoñecementos En 1980, Harper's Bazaar e DeBeers Corporation outorgáronlle o seu premio Diamond Superwoman á súa carreira profesional. En 2001 foi galardoada coa Medalla de Servizo Público Distinguido da NASA. Brill recibiu o Premio American Institute of Aeronautics and Astronautics (AIAA) en 2002 e a Medalla John Fritz da American Association of Engineering Societies (AAES) en 2009. En 2011, o presidente Barack Obama outorgoulle a Medalla Nacional de Tecnoloxía e Innovación.
Foi elixida para a Academia Nacional de Enxeñaría en 1987. Foi nomeada membro da Sociedade de Mulleres Enxeñeiras (SWE) en 1985 e recibiu o seu máis alta honra, o Premio ao Logro, o ano seguinte.
A cátedra Yvonne C. Brill do Instituto Americano de Aeronáutica e Astronáutica (AIAA) noméase na súa honra e preséntase anualmente.
Notas
Categoría:Nados en Winnipeg Categoría:Alumnos da Universidade de Manitoba Categoría:Alumnos da Universidade de California do Sur Categoría:Persoal da NASA Categoría:Enxeñeiros dos Estados Unidos de América