Na mitoloxía grega, Ixión foi un lápita rei de Tesalia. Considérase, habitualmente, fillo de Flexias e Perimele (filla de Amitaón). Outros autores fano fillo de Leonteo Hixino:Fábulas 62., Aetón, Antión ou do deus Ares. A súa irmá foi Corónide, amada por Apolo e nai de Asclepio. miniatura|Ixión e Néfele (Rubens, 1615) Un fillo de Ixión foi Pirítoo, amigo do heroe Teseo e na cuxa voda tivo lugar a guerra entre lápitas e centauros; outros autores din que Pirítoo era fillo de Zeus.

Sacrilexios de Ixión Casou con Día, filla do rei Deioneo. Cando lle pediu a este a man de Día prometeulle grandes regalos, polo que Deioneo aceptou. Pero logo Ixión negouse a cumprir as súas promesas cando, xa casado, o sogro esixiulle os presentes prometidos. Ante esta negativa, Deioneo colleulle en prenda as súas eguas, o que encolerizou sobremaneira a Ixión. Este invitou ó sogro a unha festa en Larisa, prometendo entregarlle o pago acordado pero en lugar de facelo púxolle unha trampa á entrada no palacio e botouno nun foxo cheo de carbóns acesos.

Deste xeito, Ixión cometeu un pecado de perxurio e un asasinato agravado polo feito de ser a vítima un membro da súa familia. Isto provocou o rexeitamento dos outros reis, que se negaron a purificalo Na relixión grega cumpría un estado de pureza, tanto física como espiritual, para poder facer sacrificios ós deuses ou intervir en calquera cerimonia relixiosa, e aplicábase tanto a persoas individualmente como a pobos, como colectividade. Os ritos de purificación (ou Catarse) eran diversos: ablucións á entrada nos templos, sacrificios tras unha morte dentro da casa, ou escravitude temporal en casos graves como asasinato., o que obrigou a Ixión a vivir agochado, abandonado e aborrecido por todos. Perseguido polas Erinias, volveuse tolo.

Nesta situación, implorou a Zeus o seu perdón e o deus apiadouse e perdoouno, purificándoo, porque sabía que ata os mesmos deuses cometían loucuras por amor. A maiores, Zeus invitouno ós banquetes dos deuses, onde lle deu a beber néctar e a comer ambrosía, o alimento dos deuses que concedía a inmortalidade.

Pero Ixión foi un ingrato e intentou seducir a Hera, a esposa de Zeus. Para uns, foi esta, indignada, a que lle contou a Zeus as intencións de Ixión; para outros, Hera estaba disposta a compracer a Ixión como vinganza contra as infidelidades de Zeus, pero este terminou sabendo o que tramaba Ixión. En calquera caso, Zeus quixo saber se era certo que Ixión buscaba seducir a Hera e creou unha nube coa forma de Hera, chamouna Néfele Tras este episodio de Ixión, Néfele vagaba desconsoladamente polo Olimpo, ata que Hera a casou con Atamante (irmán de Sísifo), con quen tivo tres fillos (Graves, px. 249). e fíxoa aparecer diante de Ixión; outras fontes din que foi Hera quen, para zafarse del, interpuxo unha nube coa súa figura. En todo caso, Ixión uniuse á nube sen decatarse do engano e procreou un fillo, Centauro, o pai da raza dos centauros Outros autores din que procreou os propios centauros, pero parece haber acordo en que foi Centauro quen, cando chegou á idade adulta, uniuse ás eguas da rexión tesalia de Magnesia e procreou os diferentes centauros..

Castigo

miniatura|esquerda|Morte de Ixión (Cornelis van Haarlem, c. 1588)

Nesta ocasión, Zeus decidiu un castigo exemplar para Ixión. Atado por Hermes Graves engade que, previamente, Hermes azoutouno sen piedade obrigándoo a dicir que "Os benfeitores merecen ser honrados" (Graves, px. 230). (ou por Hefesto), con serpes, a unha roda que xiraba continuamente, Zeus lanzouno polos aires "Ixión dá voltas perseguíndose e fuxindo de si mesmo" (Ovidio: Metamorfosis IV, 461)., ou ben botouno ó Tártaro Xunto ós outros grandes condenados, como Sísifo, Ticio ou Tántalo.. O castigo durará eternamente porque, ó haber comido a ambrosía dos deuses, Ixión acadara a inmortalidade. Tan só puido descansar do seu tormento cando Orfeo baixou ós infernos para rescatar á súa esposa Eurídice, pois a roda deixou de xirar ante o seu marabilloso canto.

miniatura|Sísifo, Ixión e Tántalo (C. Grignion, 1790)

Nunha versión do mito, Zeus limitaríase a desterrar a Ixión, pensando que probar o néctar e a ambrosía o volvera louco, pero logo comprobou que se vangloriaba de haber seducido a Hera. Foi entón cando o matou cos seus raios (a única forma de morrer que tiñan os inmortais) e botouno ó Tártaro.

Iconografía

O mito de Ixión aparece na literatura grega a partir do século VI a.C.. A tortura da roda en lapas reflíctese en vasos cara ao 500 a.C. Ata a época helenística dicíase que Zeus o lanzara polos aires, pero a partir de entón se localiza nos infernos, e así aparece en pinturas no século II d.C. e en sarcófagos romanos.

A publicación das Metamorfoses de Ovidio durante o Renacemento consolida esta segunda versión e así se representará na arte das idades Moderna e Contemporánea.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas María Gema González Ruz, Paradigmas de ingratitud. Ixión y Tántalo en las literaturas griega y latina, tese doutoral, Madrid: Universidad Complutense (2013) . Greek Mythology Proxecto Perseus

Categoría:Homes na mitoloxía grega